MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos...
PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia...
XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas...
EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá...
CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
▼
mércores, 24 de marzo de 2010
"Primavera poética"
Durante o mes de marzo, a través da Unidade temática: "Obradoiro de Poesía" que elaborou a biblioteca, traballamos a Poesía realizando diferentes tipos de actividades: lectura, memorización, recitados, escritura, debuxos, murais... Tamén se confeccionaron catro pequenos libros de poemas a xeito de antoloxías tanto en galego como en castelán, adaptados a cada ciclo para traballar esta forma de expresión literaria. E como vedes o baúl de Leo enchéuse de libros que falan en poesía, para axudar aos alumn@s a escoller os seus poemas preferidos.
¡FUE PRECIOSO EL REGALO DEL DIA DEL PADRE!
ResponderEliminarverdade que si jajajaja foi moi bonito ensailo todo para poder decirsello os nosos pais
ResponderEliminar