MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos...
PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia...
XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas...
EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá...
CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
▼
martes, 1 de maio de 2018
Os voluntarios e voluntarias
A labor dos voluntarios e voluntarias, como xa comentamos con anterioridade, é moi importante; porque son eles os que fan empréstitos/devolucións e colocan todos os fondos no día a día da biblioteca. Estes fondos colócanse, provisionalmente, no Baúl dos libros e, cada recreo e por parellas, vanlle buscando de novo o seu sitio nos andeis correspondentes. Así como tamén as películas, músicas e revistas. Mirade como traballan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario