martes, 17 de decembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

OLA RAPAZADA!!


Son a Fada Acaramelada, como vos vai?
Este curso estou  moi ocupada organizando todo para que a "biblio" estea ben bonita e chea de libros, xogos  e outras sorpresas.

Estiven lendo estes días e descubrín que o día 3 de decembro é o día das persoas con discapacidade,  e buscando buscando atopei moitos libros na nosa biblioteca que tratan este tema. 

Aquí vos deixo algúns contos, os meus mellores amigos,  para que saibades máis do tema. 

Todos arrastramos dificultades que nos poden facer máis difícil o noso día a día, que nos entorpecen o camiño e nos impiden ás veces poder afrontalo. 


A cuestión está en mirarnos no noso conxunto como persoas, e poder ver, que a pesar do que nos "limita" tamén están todas esas aptitudes e actitudes que si nos caracterizan e non debemos esquecer.  

Xa sabedes que na nosa biblioteca,  podedes atopar libros e contos relacionados con este tema.









Vosos compañeiros, os máis maiores do colexio, ofrecéronse voluntarios para contar algúns destes contos ao resto de rapaces do centro e explicarlles en que consiste a discapacidade intelectual. 
 Queredes ver algunhas fotos deses momentos? 






Como agasallo, os nenos fixeron estes bonitos debuxos sobre os contos.

























                                        Biquiños!!

domingo, 15 de decembro de 2019

LECTOR/A DO MES DE NOVEMBRO



Queredes saber quen foi o lector/a do mes de novembro?

Unha vez mais resoltou gañadora unha alumna de segundo curso de Primaria:


 ADRIANA DASILVA

Aquí vos deixamos a súa entrevista:

Fada: Ola Adriana! Vaia sorpresa! esperabas saír elixida lectora este mes?
Adriana: Non, non o esperaba.
Fada:  A verdade que estás en racha porque tamén fuches a gañadora  do debuxo do poema " O cempés futbolista" Cantos premios!
Lémbrasche cantos libros liches?
Adriana: Non ...
Fada: Pero si que lembrarás o que máis che gustou?
Adriana: Un libro que me gusta moito é "Rugidos y orejas"
Fada: E que é o que máis che gusta da biblioteca?
Adriana: Tódolos libros que ten.
Fada: Recomendaríasnos algún libro para ler este Nadal?
Adriana: A casa de Papá Noel
Fada: E de maior? Gustaríache ser escritora para que os nenos lesen os teus libros?
Adriana: Non sei... ao mellor.
Fada: se non queres ser escritora, igual gustariache ser ilustrador de contos, porque o debuxo non se che da nada mal..
Adriana: Si, gustariame moito.


MOITAS FELICIDADES ADRIANA...SEGUE ASÍ!!

luns, 2 de decembro de 2019

CELEBRANDO SAMAÍN

Como vén sendo tradición en Samaín, os alumnos trouxeron decoradas as súas cabazas.



 Que orixinais!! Estes rapaces supéranse ano tras ano!!
Resultou moi, moi difícil elixir a cabaza gañadora, dado o gran nivel que houbo, pero, finalmente, as máis votadas foron estas tres.




Noraboa aos que participaron. Xa sabedes que conseguíchedes cinco "espedregadíes" pola vosa participación, e dez os gañadores. Os "espedregadíes" 
poderanse cambiar por libros da biblioteca, a finais de curso, na nosa Festa do Solsticio de Verán. 



Deste xeito tan apetitoso, celebramos o Samaín no cole: momias, ollos monstrosos, caveiras, xeringas, tumbas....ata vómito de cabaza! 


   

Quen se atreve a probar estes terroríficos pratos??



Despois, desfrutamos dunha sesión de contacontos  de medo, a cargo dalgúns compañeiros.









Lucía Vidal e Manuela Nacimiento (6º E.P)










Hugo Ferrer, acompañado de Lola ( 6º curso)










Antía Iglesias, de 4º curso



Gimena Ruano, (6º E. Primaria)

                         Encantáronnos os vosos relatos!! 


Á biblioteca, tamén, chegou o Samaín! Quedou decorada con morcegos, arañas,  pantasmas... A nosa mascota, A Fada Acaramelada, deixounos unhas recomendacións terroríficas, para que nenos e nenas poidades desfrutar, lendo libros aterradores, e visionando algunha película de medo.


Pasamos un día arrepiante!! 


                 

xoves, 21 de novembro de 2019

LECTOR/A DO MES OUTUBRO

Ola, lectores!  Como xa sabedes, cada mes, publicamos, neste blog, o lector ou lectora máis asiduo da biblioteca do cole.  A primeira lectora deste curso resultou ser unha alumna de 2º de Primaria: Sofía G. T.

Querémola felicitar enormemente, porque, coa súa presenza na biblioteca e  a paixón que transmite pola lectura, serve de exemplo e modelo a seguir.
Desexan coñecela un pouquiño máis?

A nosa mascota, a Fada Acaramelada, fíxolle unha pequena entrevista.

Fada:  Como te chamas?
SOFÍA:  Sofía.
Fada: Cantos anos tes?
SOFÍA: Sete.
Fada: Lembras que libros liches?
SOFÍA: Si, "El Cocodrilo"...lino moitas veces.  Tamén, me gusta moito "Vivan las uñas de colores" e "La casa de Papá Noel".
Fada: Con quen acostumas ler,  na casa?
SOFÍA: Soa, ou,  ás veces, con miña nai.
Fada: Que é o que máis che gusta da biblioteca?
SOFÍA: Gústame moito a mesa de luz; encántame xogar con ela, e, tamén, ler nos sillóns de cores.
Fada: E leslle  algún libro á túa irmá pequena?
SOFÍA:  Aínda non, porque é moi cativa, e non me escoita, pero axiña comezarei.
 Fada: Moitas grazas, Sofía! Espero que continúes mantendo o gusto pola lectura.



Parabéns, Sofía!!

luns, 11 de novembro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. No noso colexio, foi un día moi especial, porque a nosa nova mascota, “ A fada Acaramelada”,  descubriu este máxico lugar do “cole”, e quedou tan enfeitizada que decidiu ficar nel.



Ao longo deste curso, estamos a traballar sobre a gran poetisa GLORIA FUERTES; polo tanto, aproveitamos este día tan importante, para facer distintas actividades en relación a ela:



En primeiro lugar, realizamos unha xincana na biblioteca. Distribuiuse os alumnos de forma internivelar.


 Tiñan como misión atopar unha bolsiña de caramelos que a Fada Acaramelada deixoulles como agasallo.


 Para iso, tiñan que superar diferentes probas: atopar as palabras perdidas dun poema,...







buscar a que libros pertencían unhas ilustracións dadas, ... 

escoller dunha cesta as cousiñas que saen no poema da Fada Acaramelada...,


e ata descifrar mensaxes secretas!








Tanto pequenos coma maiores se divertiron moito, e o pasaron xenial!



Ademais, tiveron a oportunidade de acadar "Espedregadís", os cales poden ser intercambiados por libros da biblioteca, a finais de curso, na nosa Festa do Solsticio de Verán. 


Un dos momentos máis emocionantes do día foi cando se deu a coñecer a gañadora do debuxo da nosa nova mascota. 

luns, 21 de outubro de 2019

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!


Cada venres e, durante unha semana (dende o venres ata o xoves), as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, para vos ofrecer unha selección de material escrito e audiovisual, para toda a familia.


As mochilas levan un material fixo, o cal é seleccionado previamente polo profesorado do  centro atendendo a criterios pedagóxicos e didácticos. Haberá unha listaxe de todo o material  que a contén, para que comprobedes se está completa, e poder devolvela, de novo, á Biblioteca.

       

No caderno de Bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas, debuxos, traballos... que xurdan ao redor do material que vos chega.



   

Desexamos seguir contando coa vosa interesante e activa participación nesta actividade, e pregamos que nos informedes de calquera irregularidade que atopedes. 

            

                     Disfrutádeas rapaces e rapazas!!!

xoves, 10 de outubro de 2019

APERTURA DA BIBLIOTECA



Ola rapazada!! 

Á fin, abrimos as portas!

O día 1 de outubro, a nosa biblioteca volveu  abrir as súas portas, e foi todo un éxito!!

Presentámosvos  algunhas novidades das que podedes gozar.


 
Temos que dar as grazas aos voluntarios de 6º curso que axudan aos máis pequenos a coller emprestados os libros que máis lles gustan.


Se aínda non nos visitáchedes, animádevos, e lembrade que está aberta, todos os días, na hora do recreo, de 11:50 a 12:20h., e, polas tardes, os luns, mércores e xoves, de 16 a 17.30 horas, e…
Mergúllate nun mundo de aventuras!!