xoves, 24 de maio de 2018

Os nen@s tamén contan...



Estes días, as alumnas de 6º de Primaria: Nerea e Faidah, contáronnos un precioso conto infantil chamado:" Pedra, pau e palla" da autora: Ana Presunto e do ilustrador: Josep Rodés (Ed. OQO).

Os invitados á actuación, foron os rapaces e rapazas de Infantil e 4º de Primaria.

Elixiron dous ambientes distintos: Primeiramente, na aula de Música, porque nesta ocasión, a sesión de contacontos, foi amenizada por Uxío, (alumno de 6º) que interpretou dous Estudios para piano de Zcerny e, o outro espazo, un rinconciño da biblio, que elas mesmas decoraron.


Tamén prepararon diversos materiais, con debuxos dos personaxes, que levaban nomes de alumnos-as do centro.

Aquí podedes ver algunhas das fotos que sacamos.











Moitas grazas a Nerea, Faidah e Uxío que o fixeron moi ben!!

luns, 14 de maio de 2018

Contacontos polas Letras




O venres, na "Hora de ler", a mestra Marta, volveunos a contar un conto fantástico chamado: "Super Beige".








O argumento vai dun heroe que quere salvar o mundo; mais, ninguén quere que o rescate, porque están moi contentos como están.



 





É un libro con valores, especialmente pensado, para nenos e nenas que queren ser Super heroes. 



Animádevos a lelo!!



venres, 11 de maio de 2018

Obradoiro creativo

Neste mes de maio, recibimos no colexio a Enrique Mauricio e a Carlos Taboada, contacontos e ilustrador de Lela Edicións (colección: Polo Correo do Vento").

Botaron a andar o programa: "Mulleres Galegas". 

A súa actuación chamábase: "María Victoria Moreno...unha historia de amor".

Contáronnos a vida e obra desta escritora non galega, que amaba escribir en galego,  mentres debuxaban unha caricatura.












Despois, poidemos comprobar que, debuxar unha caricatura, non é tan complicado porque, seguindo as súas pautas, conseguimos facer debuxos como verdadeiros profesionais.



Grazas amigos de Polo Correo do Vento!

mércores, 9 de maio de 2018

Contacontos para a "Hora de ler"


 Estes días, a mestra Marta, estanos a ler un libro moi coñecido da escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas(María Victoria Moreno) chamado "Leonardo e os fontaneiros"


   É un libro diferente aos demais, porque pode lerse de dúas maneiras: se es moi impaciente e, queres chegar axiña ao final, podes seguir as súas instrucións e saltar páxinas; mais se es paciente e, che gusta non perder detalle, podes lelo todo de seguido.


   Esta escritora nada en Cáceres (1939) foi, ante todo, mestra e profesora dos institutos de Educación Secundaria de Lugo, de Sanxenxo e de Pontevedra.

   O alcume que ela empregaba era: "Peregrina" pola súa proximidade sentimental á vila de Pontevedra.

   Foi unha escritora española de Literatura Infantil e Xuvenil en lingua galega.

  Era unha muller adiantada á súa época, porque atreveuse a tratar temas como o feminismo, as drogas e a discriminación racial. 


  Ademais de escritora, foi ensaísta, conferenciante, poetisa e tradutora.

    A nosa homenaxe particular, vai a modo de contacontos e un mural feito polos rapaces e rapazas de varias clases. 


Aquí vos deixamos unha pequena galería de imaxes.






mércores, 2 de maio de 2018

Mes de abril...

Mes dos libros!!

O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. Unha actividade que nos enche de ledicia, porque os nenos e nenas do cole, somos os verdadeiros protagonistas.



Este día facemos o apadriñamento lector, que consiste en que os maiores (padriños e madriñas) len aos máis pequenos (afillados e afilladas).



 




Despois de ler nun ambiente relaxado e tranquilo, poñémonos todos a...


 pensar...





 debuxar...





  colorear...




  e... entre todos, confeccionamos un mural .



Tamén elaboramos marcapáxinas que estaban deseñados con simboloxía celta e, que logo, intercambiamos.



A sorpresa chegou ao final, que para recordar este bonito día, estaba esperándonos un carriño cheo de libros para poder levar e agasallar tamén ás nosas familias.





Grazas pola vosa participación!