martes, 1 de maio de 2018

Decorando a biblio...

    Nas clases de Obradoiro, cos alumnos e alumnas de 4º de Primaria, fixemos un pequeno proxecto para decorar a biblio.

   Pensamos que, como estamos a traballar no Proxecto de centro: "As simboloxías e códigos", quixemos relacionar os contos cós atrapasoños. Ao resultado final chamámoslle: "Atrapacontos".

  Foron feitos con arame, forrados de trapiño e fío de cores brillantes e, polo medio, "atrapados", os nosos libros favoritos.

  A verdade é que, unha vez colgados do teito, danlle á biblio un aire relaxante e acolledor.

       ... E quedaron así de bonitos!













Ningún comentario:

Publicar un comentario