xoves, 14 de xuño de 2018

Recomendacións para o verán

   


O curso, está a piques de rematar e, as vacacións, a puntiño de comezar... e non queremos irnos, sen antes recomendar algunhas lecturas interesantes para entreter nestes días longos de verán, por exemplo:

 
Para os máis pequenos:
     




Para lectores avanzados:
       
 


Dende a Biblioteca Espedregada, que pasedes un bo verán e unhas entretidas vacacións!!

Ata o curso que vén e boas lecturas!!






Chegaron as novidades

    Estes días, estamos a catalogar (entre outras cousas) as novidades que chegaron á Biblioteca.

   Aínda que a biblio, pechou as súas portas neste mes de xuño para á atención ao público en xeral, o persoal do centro, segue a empregar os seus recursos, tanto a nivel académico, como profesional.

 As novidades recibidas forman parte dos gustos e recomendacións dos lectores e lectoras que, coas súas suxestións,  vaise ampliando o noso catálogo.

  Entre as lecturas que podemos atopar, temos libros de contos,  de pedagoxía, de música, de arte, de xogos, de inglés, de matemáticas...

Velaiquí unha mostra:







  
Desexamos que sexan do voso agrado e aquí vos esperan o curso que vén!




luns, 11 de xuño de 2018

Lectora do mes

...E para rematar a lista dos lectores que máis len da Biblioteca Espedregada deste curso, que está a piques de acabar: a alumna Faidah Serantes, da clase de 6º de Primaria, é a lectora do mes de maio. 



                                  Noraboa Faidah!!