Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de marzo de 2020

ENTROIDO


Comezamos o Entroido cos mandatos do "Esqueleto Manolo", o rei do Entroido, que preside a entrada do colexio.

Manolo foinos dando distintas ordes,seguindo os consellos da Fada Acaramelada.



Estes mandatos fixémolos de xeito acumulativo. O luns tivemos que traer a cabeza ataviada.
Mentres que o martes debiamos levar tamén os pés ben engalanados. Así e todo, o mércores mandounos traer decorado o pescozo. 
Alumnado cumplindo os manadatos do noso Manolo
O xoves 20,  foi o noso día preferido, xa que puidemos vir cos nosos pixamas da casa. Tamén puidemos degustar unhas saborosas sobremesas de Entroido, grazas á xentileza das familias.

Por fin chegou o gran día! O venres 21 de febreiro, comezamos recitando o poema de Gloria Fuertes, "Concurso de disfraces", por todo o alumnado do centro.


 Máis tarde, continuamos co desfile polas rúas da vila, dende o colexio ata a praza de Samieira.

Este ano festexamos o Entroido sobre a obra de Gloria Fuertes, e para homenaxear a esta escritora, dende os máis pequenos ata os maiores, disfrazáronse de personaxes da súa poesía.






Os rapaces maiores de sexto, exerceron de presentadores das actuacións e  fixérono  moi ben.
Os primeiros en actuar, foron os pequerrechos de infantil, os cales moveron os seus troncos ao son da  Palmeira Palmira. 



Os alumnos de 1º e 2º bailaron unha canción. Como bruxos e meigas viñeron disfrazados para tal celebración. 


Chegou a quenda dos alumnos de 3º e 4º que moi "marchosos" contáronos cousas do pingüín emperador que nos fixeron flipar. 




De arañas viñeron os compañeiros de 5º, elegantes, e con moito movemento. O seu foi un "remix" elixido por consenso. 




 Para rematar as actuacións, a rapazada de 6º, como mouchos e curuxas,  representaron as súas mellores danzas,  e conseguiron voar!



Foi un entroido moi fermoso, onde todos gozamos moitísimo e as actuacións do noso alumnado estiveron fantásticas. Queremos agradecer a colaboración e presencia no desfile polas rúas a toda a  Comunidade Educativa.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Entroido

O Entroido das Culturas Internacionais! Chineses e chinesas, exipcios e exipcias, hawaianos e hawaianas,... 
O CEIP Espedregada está cheo de diferentes culturas. 
Por fin a chuvia deunos un pouco de tregua e puidemos ir ata a Praza do Pobo de Samieira para ensinar a todos os nosos marabillosos disfraces. E os nosos bailes!
Por se queredes ver a noticia na presa, aquí tedes o enlace. 

 

 

 

 

 

 


domingo, 9 de marzo de 2014

Entroido 2014

E así celebramos o Entroido este curso. Eso sí, algo tristes porque, por mor da chuvia, non puidemos facer o pasarrúas pero contentos porque o pasamos xenial!

 

 

 

 

 

E pinchando no enlace de La Voz de Galicia, poderedes ver a noticia publicada no xornal o sábado 1 de marzo, con catro chulísimas fotos.

venres, 15 de febreiro de 2013

Entroido

No cole estamos a facer un proxecto sobre os Beatles. E, o pasado venres saímos a rúa para facerlle a nosa pequena homenaxe. Fixemos un percorrido moi moi moi longo, desde o cole ata Samieira e, ao chegar á praza, cantamos algunhas das súas cancións e, logo, bailamos todos xuntos. Pasámolo xenial. 
Aquí tedes algunhas fotos.