Hoxe 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.
O noso "Espedrereporteiro" Naim, preséntavos o telexornal, onde nos informa sobre este día tan importante e o autor homenaxeado deste ano. Escoitade moi atentos!!
Unha das cousas máis importantes que temos que aprender son PALABRAS co fin de saber cales queremos dicir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas.
Por iso, agasallámosvos dende o Equipo de dinamización lingüística e o Equipo de biblioteca con este "dicionario visual" que recolle algunhas das palabras máis fermosas da nosa lingua e que foi posible grazas á vosa colaboración.
Un dos máis fermosos contos de Ricardo Carvalho Calero é "As pitas baixo a choiva". Para que o poidades coñecer, dende a Anpa agasállannos con este fermoso conto que prepararon con moito agarimo. Agardamos que vos guste.
Aínda que ao longo desta semana xa aprendestes algunhas cousas sobre o autor homenaxeado este ano, se queredes saber máis propoñémosvos este divertido xogo "O misterio da casa de Carvalho Calero". Nel teredes que ir buscando claves e recollendo pistas, nesta ocasión na casa do autor. Estades preparados?

Que pasedes un feliz día!!
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario