sábado, 13 de xuño de 2020

GUIA LECTURAS VERÁN

Estamos xa chegando as vacacións de verán, queda moi pouquiño para poder descansar. Pero antes de despedirnos quero deixarvos  nosas recomendacións lectoras. Para viaxar, para soñar, para desfrutar sós ou en compañía, vaias onde vaias un libro sempre te acompaña.


 

Podedes descargalo aquí.

Aproveito para deixarvos O Papagaio, o xornal da xente miúda do mes de xuño. Premede no nome para visualizalo ou descargalo.

Deséxovos un bo verán. Coidádevos moito e tende en contas as indicacións sanitarias!! 


Unha aperta grande,
A Fada Acaramelada

xoves, 4 de xuño de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Sabías que...?

O "Día internacional do Medio Ambiente" celébrase cada 5 de xuño dende 1974?

Foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para fomentar a conciencia e acción ambiental.

Cada ano o Día Mundial do Medio Ambiente céntrase nun tema co que sensibilizar á poboación. Este ano o tema xira en torno á biodiversidade.

A perda de biodiversidade aumenta o perigo de aparición de novas enfermidades.

Para festexar esta data, propóñovos un...
"Concurso de Fotografía"

Preme nos elementos interactivos da imaxe para ver toda a información.
    




Podedes enviar as vosas fotografías ao correo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com

Por outra banda,  hoxe haberá un eclipse lunar chamado "Lúa de Amorodo ou Lúa da rosa". Podes obter máis información premendo aquí.


Canto sabes de ecoloxía? Se respondes axeitadamente ás preguntas completarás o crebacabezas.




Saberías botar o lixo no seu colector?



Déixovos algunhas lecturas recomendadas para concienciar sobre o respecto e coidado do medio ambiente.



Os nosos "espedrereporteiros", Gimena Guille e Naim fixeron unhas entrevistas aos seus maiores sobre como cambiou a produción e xestión de residuos co paso de tempo e as modificacións que sufriu a nosa paisaxe.  Preme sobre os seus  nomes e escoitade moi atentos porque nos aportan datos moi interesantes.

https://drive.google.com/file/d/13xKR1McQiDAbBxz6NdNjNgwlf_xOCO9e/view?usp=sharing



Por último, para rematar a semana con ritmo, déixovos dúas cancións de Gloria Fuertes sobre este tema, titúlanse "Todos contra la contaminación " e " Humo y ruido".
A bailar...!


Xa temos as primeiras fotografías, nas que se reflictan como coidades o medio ambiente. 
Roi e Sara reciclando o cartón
Roi reciclando o vidro

Gimena  recollendo o lixo do monte


O Lixo recollido por Gimena e Tito
   

Raúl, reciclando materia orgánica no composteiro

Estou contentísima co voso traballo, rapaces!! Sodes un exemplo a seguir para sensibilizar ao poboación.Parabéns!!


Unha aperta,
A Fada Acaramelada 

 Todvai saír ben! 🌈