venres, 24 de decembro de 2021

CONCURSO DE RELATOS DE NADAL

Seguindo coa tradición, a biblioteca do CEIP Espedregada convocou o concurso de relatos de nadal para celebrar esta datas tan sinaladas. A calidade das obras presentadas tanto por parte do alumnado como das familias foi altísima pero ao final as gañadoras e gañadores son:


BIANCA CASTELLANO PEREIRA


KATIA AGÍS STEPANENKO


MABEL CASTRO LORES


                                                            RAÚL GONZÁLEZ GÓMEZ


LUCÍA CASTRO MARTÍNEZ


                                                                      RAQUEL DÍAZ


EVA GONZÁLEZ


CRISTINA GÓMEZ












xoves, 23 de decembro de 2021

BO NADAL


O equipo de Biblioteca e a Fada Acaramelada desexámosvos un Bo Nadal e que se cumpran os vosos soños.

Vémonos e xaneiro!!

luns, 20 de decembro de 2021

RECANTO DE NADAL

Pero mira que nos quedou bonito o noso recanto de nadal. Xa sabedes rapazada, se con libros sobre estas datas sinaladas quere gozar, por este recuncho da biblio tes que pasar.

  


AARÓN CASTRO VENCEDOR DO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Ademais de sair gañador na súa categoría os membros do xurado tamén procederon a seleccionar a tarxeta de Aarón Castro Montes, do CEIP Espedregada  para ser utilizada polo Concello de Poio para a súa felicitación institucional de Nadal. 

Parabéns Aarón!


 +Info en https://www.concellopoio.gal/index.php/1369-o-concurso-de-tarxetas-de-nadal-contou-coa-participacion-de-mais-de-400-mozos-e-mozas-do-municipio

MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA

Durante varios días a "Maleta Viaxeira" de banda deseñada para primaria da asesoría de Pontevedra está a disposición do noso alumando .
A gozar da lectura rapazas e rapaces!!


luns, 6 de decembro de 2021

LECTOR MES DE NOVEMBRO

 Ezequiel Yañez Pendas