martes, 22 de decembro de 2020

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DE RELATOS DE NADAL

Ola a todos/as,
Xa temos os gañadores/as do noso concurso de relatos de Nadal. Non foi unha decisión sinxela porque escribistes uns relatos sensacionais . 

A gañadora do 1º premio  é Olaia Gómez, de 4º de primaria, quen nos cativou a todos co seu relato "O Nadal dos xabaríns". O día de Noiteboa Papá Noel se estrela co seu trineo cando está sobrevolando terras galegas. De súpeto, atópase cuns xabaríns, que lle axudan a entregar os agasallos a todos os nenos e nenas. Unha historia moi emocionante!!

O 2º premio, é para  Mabel Castro, de 3º de Primaria, quen escribiu  "Quero aos meus amigos ",  unha historia conmovedora que nos fai reflexionar sobre a  importancia da amizade.   


Por último, Roi Alves, de 2º curso, lévase o 3º premio. Coa súa  historia "Como o Covid quixo roubar o Nadal"  amósanos a través dunha banda deseñada as intrépidas aventuras de Papá Noel e os seus Elfos para salvar o Nadal da Covid 19. Unha historia moi de actualidade!!

Parabéns a todos/as!!

Desexamos que o vindeiro ano, poidamos bailar e cantar, como sempre facemos e como volveremos facer!!

Bo Nadal e Feliz 2021, cheo de ilusións!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

venres, 11 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

 Está rematando o trimestre e estamos a piques de chegar as desexadas vacacións. No Nadal teremos tempo para gozar dos xogos, para o descanso e a familia, e debemos atopar un tempiño de lectura. Achégate á biblio alí hai milleiros de libros agardando que os atopes e pases un bo rato con eles.

Déixovos aquí as Recomendacións Lectoras Nadal 2020 coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións.

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

domingo, 6 de decembro de 2020

LECTOR DO MES DE NOVEMBRO

Ola de novo!!

Queredes saber quen foi o lector/a do mes de novembro? 

Nesta ocasión resultou gañador un alumno de segundo curso de Primaria:

 Roi Alves

Roi  co libro "Daniela Pirata"

Aquí vos deixo a súa entrevista, na cal colaboraron os seus compañeiros/as de clase e a reporteira Amanda.

Entrevista  

Amanda: Ola  Roi!  Faiche ilusión ser o lector do mes?

Roi: Si, porque me gusta ler libros.

Amanda:  A verdade é que estás en racha porque tamén fuches o gañador  do concurso de relatos de medo de Samaín. Cantos premios! Lémbrasche cantos libros  da biblioteca liches este mes?

Roi: Creo que seis.

Amanda: Cal é o teu libro favorito?

Roi: Teño moitos libros favoritos, é difícil escoller un... aínda que "Animalotes" e "A que sabe a Lúa?" son dos meus preferidos. 

Amanda:  Por que che gustan os libros?

Roi: Porque son moi especiais para min.

Amanda:  Tes razón Roi, os libros son moi especiais porque nos permiten imaxinar e  mergullarnos nun mundo de fantasía.  Por certo...contas contiños a túa irmá pequena, Sara?

Roi: Si, moitos, por exemplo un libro que lle lin foi " A pequena Lúa".

Amanda: Canto tempo tardas en ler un libro?

Roi: Unha ou dúas noites.

Amanda:  Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Roi:  Máis ou menos, aínda que prefiro os libros.

Amanda: E xa para rematar,  poderías recomendarnos aos  compañeiros e compañeiras de clase  un libro para ler en Nadal? 

Roi: Si, "El copo de nieve", de Benji Davis. A min gústame moito.

Amanda: Moitas grazas pola túa suxestión, Roi.  

Desexamos  que manteñas o  gusto pola lectura e a paixón que amosas polos libros.  Chao!

Roi: Ata pronto! 


A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE 3 DE DECEMBRO

O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, un día para lembrar a igualdade real, sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un / unha de nós ten moito que aportar aos demais.

Para conmemorar esta data, os nenos e nenas de terceiro puxeron as súas voces ao conto  "Por cuatro esquinitas de nada", un libro   de Jérome  Ruillier.

Este libro conta a historia de Cuadradito, un pequeno cadrado ó que lle encanta xogar co seu grupo de amigos, os Redonditos. Sempre están xogando e están moi contentos. Pero un día teñen un problema: teñen que entrar na casa grande e alí xorde o conflito. Queredes saber como o solucionan? Escoitade con atención.



Os nenos e nenas de todos os cursos fixemos a actividade "Un mar de cores" , proposta polo  Departamento de Orientación do centro, mediante a cal reivindicamos  que sendo distintos e ninguén igual, todos aportamos cor especial ao mar, co seguinte lema:

"TODOS DIFERENTES NINGUÉN IGUAL, TODOS NECESITAMOS AXUDA E NOS GUSTA AXUDAR"

Todos temos algo bo, unhas capacidades que hai que potenciar e poden axudar aos demais a desenvolver as súas a través da solidariedade, empatía e colaboración.


Por último, puidemos gozar dunha sesión de cine inclusivo, con curtas para reflexionar sobre este tema.

 


A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

martes, 1 de decembro de 2020

CONCURSO CONTOS NADAL

Ola bibliotecantes!!
Xa está a piques de comezar unha das celebracións máis esperadas e emotivas do ano:

Nadal 

Como sei  que vos encantan os concursos literarios e que se vos da moi ben inventar historias fascinantes, un ano máis,  nestas datas tan especiais, convócase unha nova oportunidade para que presentedes os vosos relatos.  
Premede aquí e veredes toda a información!!



O nome dos gañadores/as  darase a coñecer o vindeiro 22 de decembro.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


Unha aperta,
A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈