martes, 29 de setembro de 2020

PROTOCOLO NORMAS USO BIBLIOTECA E HORARIO DE EMPRÉSTITO

Que ganas tiña de volver abrir as portas da biblioteca! Farémolo por fin o xoves, 1 de outubro.

Este curso, como ben sabedes, todo é diferente por mor do coronavirus, pero na biblio como no cole e no noso día a día, adaptámonos á "nova normalidade" e elaboramos un protocolo que nos permita seguir usando a biblioteca escolar e os seus recursos con seguridade. 

A ilusión, as ganas de compartir con vós un espazo de creación, de aprendizaxe e de difusión cultural non varían, continúan intactas.

Aquí tendes un resumo en imaxes do noso protocolo de uso da biblioteca para este curso. Leédeo atentamente e respectémolo todos. Podedes descargalo aquí.


Como sabedes, a biblioteca estará pechada pola tarde e nos recreos. Déixovos o horario de empréstito da biblioteca por cursos.


Lembrade que o material emprestado pasará unha corentena dun día antes de ser devoltos nos andeis e estar de novo disponible para o empréstito, polo que teredes que traelo ao cole un día antes do voso turno de empréstito. 

Vémonos na biblio.Unha aperta,

A Fada Acaramelada  

 Todvai saír ben! 🌈