xoves, 22 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro , pero… sabedes por que se celebra este día e non outro? Escoitade con atención!



E nós, tamén queremos festexar e lembrar a importancia e necesidade de ler, de gozar cos libros. Para iso, compartimos este vídeo, no que moitos de vós recreáchedes a portada do voso libro favorito, e que á vez, servirá de recomendación de lectura para os demais. Agardo que vos guste.


Tras facer reconto de todos os vosos votos, velaquí o Top 10 dos libros preferidos no noso cole. Grazas pola vosa participación!


A continuación, preséntovos as recomendacións lectoras dos nosos "booktubers". Non volas perdades, pois  fan unhas recomendacións  moi interesantes!

No primeiro lugar, Sara, de 5º de EI, recoméndanos "Telma el Unicornio". Queredes escoitala? Premede na imaxe.



Roi,(2º EP) fálanos dun can moi particular, cun corazón moi grande " Perro apestoso". Non vos perdades a súa recomendación.
"Conexión Macarrón"
un título moi suxestivo, verdade? Alex, de 5º de EP explícanos de que vai este libro de Ledicia Costas.


Antía, de 5º de EP, preséntanos esta colección de libros que ten como protagonista a "Billie Brown", unha nena á cal lle suceden miles de anécdotas.



Lucía, de 5º de EP, recoméndanos un libro informativo para as persoas amantes dos animais." Gran Enciclopedia de Animais de compañía"  


Fery,
de 5º de EP,  fálanos do seu libro favorito, "Tea Stilton a la caza del tesoro en Roma".



Marta, (4º EP) preséntanos tres libros da colección "El mundo de Clodett".

Fabio, (4º EP)
recoméndanos un libro co que te escangallarás de risa. "Los Compas escapan de prisión".


Queredes saber quen foron os gañadores/as do noso concurso creativo "As portadas cobran vida? Teño que dicir que non foi unha decisión sinxela porque todas as portadas estaban fantásticas!!
Sara conseguiu o 1º premio.



Celia obtivo un merecidísimo segundo premio. 



Houbo dos  3º premios. Un foi para Aurora...

...E outro 3º premio para Noa. 


                                                      Parabéns a todas!!

No cole pasamos un día cheo de sorpresas e boas lecturas, xa que na biblioteca houbo....libros de agasallo para todos/as!

Alumnado Infantil


Alumnado de 1º -2º


Alumnado de 3º


Alumnado de 4º- 5º

Alumnado de 6º


Agardo que estas propostas serviran  para facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as. Pasade un moi feliz Día do Libro e  ...

NUNCA DEIXEDES DE LER!!!

A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈



domingo, 18 de abril de 2021

LECTORA DO MES DE MARZO

Bo día, lectores!! Como estades?

Neste mes queremos felicitar enormemente a unha alumna de 3º  de Primaria, por ser a  lectora do mes de marzo. O seu nome é...

Sofía González


  Déixovos a súa entrevista, para que saibades máis sobre ela. 

                                Entrevista  

Fada:  Ola Sofía!!  Durante todos estes meses estiveches a piques de conseguir ser a lectora do mes e agora, por fin, o  conseguiches !!  Que alegría, non?

Sofía:  Si, estou moi contenta.

Fada: Cal é o teu libro favorito?

Sofía: "El Bosque de los Cuentos". Vai de tres nenas que o pasan pipa lendo contos e "Alexity, ¡liándola sin parar!".

Fada: Que prefires ler libros en galego ou en castelán?

Sofía: En galego, porque vou máis rápido e aprendo palabras novas.

Fada: Na túa casa, aos teus pais gústalles ler tanto coma ti? 

Sofía: Si, aos meus pais e á miña avoa gústalles ler..., ao meu avó nunca o  vin ler.

Fada: Quen le mellor de todos?

Sofía: Eles, porque son maiores ca min.

Fada: Gustaríache recomendar algún libro aos teus compañeiros/as?

Sofía:  Recomendo un libro moi interesante, "Los vikingos visitan América". Vai de dous nenos que visitan lugares de América do Norte. Ademais, é un libro co que podes acadar un selo no teu pasaporte, porque está relacionado co noso proxecto " A volta ao mundo".

Fada: Canto tempo che leva ler un libro?

Sofía: Se é pequeno, uns minutos... Agora, para casa estamos levando unha colección de libros sobre zombis, "El chef zombi". Van dun chef que cociña pratos empregando monstros coma ingredientes. Ese libro podo tardar uns dous ou tres días en lelo.

Fada:  Por certo, leslle contos á túa irmá pequena? 

Sofía: Non moito, non me fai caso. Ela prefire ver películas. Por exemplo, gústalle máis ver "Pinocho" en película que escoitar o conto.

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Sofía: Si, adoito ler as  de Papagaio e as revistas  de animais. As bandas deseñadas gústanme moito.

Fada: Se foses unha personaxe de contos, cal che gustaría ser?

Sofía: Natalia, unha personaxe da colección "El chef zombi". É unha nena moi traviesa, á que lle gustan moito os animais, aínda que a miña personaxe favorita de todos os contos é "Alicia en el país de las maravillas".

Fada: Moitas grazas Sofía pola túa entrevista. Agardo que sigas mantendo o gusto pola lectura.

Sofía: Chao!


A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈


xoves, 8 de abril de 2021

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Bos días!!

O próximo xoves 23 de abril conmemórase o Día do Libro e, para celebralo, convídovos a toda a Comunidade Educativa,  a dar testemuño e expresar o voso amor pola lectura, coas seguintes propostas relacionadas co mundo dos contos e dos libros. 
A primeira proposta pasa por integrarse máis que nunca cun libro, encaixando  a vosa cara ou  corpo e formando parte da súa portada. Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade.

 


Coas fotografías recibidas elaboraremos un vídeo e ademais haberá premio para as portadas máis orixinais e enxeñosas.  

Por outra banda, gustaríame coñecer o Top 10 dos libros preferidos do cole. Para elo, podedes participar cubrindo a seguinte enquisa. Animádesvos?
Premede na imaxe para acceder a ela.


Para rematar, tamén podedes ser booktubers e participar enviando un vídeo coas vosas recomendacións lectoras.
Non vos esquezades de indicar: título, autor, editorial, de que trata e por que che gusta. Publicarémolas no blog!!  (bibliotecaespedregada@gmail.com)

                              ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Xa comezan a chegar as primeiras portadas!! 

Sara e o seu pai, Juan C. representan a portada do libro "Cuando estoy con papá".

Roi representou dúas portadas. No primeiro lugar, "La Ballena", unha historia conmovedora do autor Benji Davis.



No segundo lugar, "A árbore xenerosa", un clásico de Shel Silverstein que nos presenta unha amizade  incondicional.



Antía Iglesias representa a portada dun libro da colección  Billie B. Brown, da autora Sally Rippin.


Elena, de 4º de EI representa "Seis años, seis casitas" de Josep Gregory.

Pola súa parte, Celia representa a portada do libro que están a ler na súa clase de 2º de E. P.  "O lapis de Rosalía" de Anton Cortizas Amado.


Aurora, de 1º de EP, representa dúas  portada.  Unha delas do libro " A sopa queima" do autor Pablo Albo.


A segunda, corresponde ao libro "María" da autora Eva Mejuto.

Alicia, de 5º de EI, elixiu un dos seus libros preferidos "Carapuchiña Vermella"


Noa, de 2º de EP, decantouse por representar a portado do libro "Tormenta en el frasco".


E tamén a portada dun dos nosos libros preferidos "Corre corre, cabaciña" da autora Eva Mejuto.
"Óscar y el león de correos" de Vicente Muñozé o libro elixido por Agustín, de 4º EP.
Marta, de 4º de EP, escolleu a portada dun libro da súa colección favorita " El mundo de Clodett", Superlío en el zoo.

Ainhoa, de 6º de EI, representa "La jirafa Timotea" de Begoña Ibarrola.

Alex, de 5º de EP, integrouse por completo no libro "Conexión Macarrón" de Ledicia Costas. 

A profe Yolanda, representa a portada dun libro que trata do poder da amizade, "As tres mulleres de auga" da escritora Antonia Corrales.


A profe Lola, empregou a  técnica do "Bookface" para representar a portada do libro "Cleopatra". 


Fabio de 4º de EP, convértese nun karateka, recreando a portada do libro "Karate Kid".
  


Francesco, de 1º de EP, elixiu un libro moi divertido "Sólo en casa".

"O estanque dos parrulos pobres" é o libro escollido por Lucía, de 5º de EP.


Raúl de 4º de EP, representa a portada dun libro de mitoloxía para nenos "Teseo y el minotauro"


Brais, de 6º de EI,  escolleu un libro de animais, "El cachorro pirata".

Xavi, (5ºde EP) integrouse na portada do libro " Los Compas y el diamantito legendario".

Miguel
(2º EP) converteuse nun personaxe dos contos clásicos "Pinocho".


A profe Raquel, escolleu un dos seus libros favoritos "Unha chea de familias".


"Cociñando con bolboretas no bandullo", é a portada que representan Adriana de 5º de EP e Mateo de 6º de EI.




Lucas, acompañado da súa cadela Kiara, representan a portada do libro "Dog Man",  ou "Polican" en castelán. 


Cesc (5º EP) e Olivia (5º EI) representan un clásico de Arthur Conan Doyle,  "Sherlock Holmes".

Ezequiel, de 3º de EP, converteuse no protagonista dun conto clásicoAladino.

Aarón (5º EP), amosa a súa paixón polos animais, imitando a portada do libro   "El encantador de perros".

Katia, (2º de Primaria) recrea a portada do libro " Las chicas van donde quieren".

A profe Magaly,
 convértese en Oliver Sacks, o autor de "Musicofilia", un libro que  nos fala da importancia da música.

Moi bo traballo !! 

                          MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈