Bos días!!
O próximo xoves 23 de abril conmemórase o Día do Libro e, para celebralo, convídovos a toda a Comunidade Educativa, a dar testemuño e expresar o voso amor pola lectura, coas seguintes propostas relacionadas co mundo dos contos e dos libros.
A primeira proposta pasa por integrarse máis que nunca cun libro, encaixando a vosa cara ou corpo e formando parte da súa portada. Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade.
Coas fotografías recibidas elaboraremos un vídeo e ademais haberá premio para as portadas máis orixinais e enxeñosas.
Por outra banda, gustaríame coñecer o Top 10 dos libros preferidos do cole. Para elo, podedes participar cubrindo a seguinte enquisa. Animádesvos?
Premede na imaxe para acceder a ela.
Para rematar, tamén podedes ser booktubers e participar enviando un vídeo coas vosas recomendacións lectoras.
Non vos esquezades de indicar: título, autor, editorial, de que trata e por que che gusta. Publicarémolas no blog!! (bibliotecaespedregada@gmail.com)
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Xa comezan a chegar as primeiras portadas!!
Sara e o seu pai, Juan C. representan a portada do libro "Cuando estoy con papá".
Roi representou dúas portadas. No primeiro lugar, "La Ballena", unha historia conmovedora do autor Benji Davis.
No segundo lugar, "A árbore xenerosa", un clásico de Shel Silverstein que nos presenta unha amizade incondicional.
Antía Iglesias representa a portada dun libro da colección Billie B. Brown, da autora Sally Rippin.
Aurora, de 1º de EP, representa dúas portada. Unha delas do libro " A sopa queima" do autor Pablo Albo.
Noa, de 2º de EP, decantouse por representar a portado do libro "Tormenta en el frasco".
Marta, de 4º de EP, escolleu a portada dun libro da súa colección favorita " El mundo de Clodett", Superlío en el zoo.
Alex, de 5º de EP, integrouse por completo no libro "Conexión Macarrón" de Ledicia Costas.
A profe Lola, empregou a técnica do "Bookface" para representar a portada do libro "Cleopatra".
Francesco, de 1º de EP, elixiu un libro moi divertido "Sólo en casa".
"O estanque dos parrulos pobres" é o libro escollido por Lucía, de 5º de EP.
A profe Raquel, escolleu un dos seus libros favoritos "Unha chea de familias".
"Cociñando con bolboretas no bandullo", é a portada que representan Adriana de 5º de EP e Mateo de 6º de EI.
Lucas, acompañado da súa cadela Kiara, representan a portada do libro "Dog Man", ou "Polican" en castelán.
Cesc (5º EP) e Olivia (5º EI) representan un clásico de Arthur Conan Doyle, "Sherlock Holmes".
Katia, (2º de Primaria) recrea a portada do libro " Las chicas van donde quieren".
A profe Magaly, convértese en Oliver Sacks, o autor de "Musicofilia", un libro que nos fala da importancia da música.
Moi bo traballo !!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
A Fada Acaramelada
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario