domingo, 16 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe, 17 de maio celébrase o día grande da nosa lingua:

Día das Letras Galegas 

Desde aquel primeiro 17 de maio de 1963, cando se homenaxeou a figura de Rosalía de Castro, nos 100 anos da publicación dos seus Cantares Gallegos, so outras tres mulleres máis foron recoñecidas neste sinalado día. Mais este ano a protagonista é novamente unha escritora.


Xela Arias

Xela Arias foi unha muller comprometida coa defensa da paz, xustiza, o medio ambiente e a igualdade entre mulleres e homes. Polo seu inmenso traballo como editora, tradutora e sobre todo como poeta excepcional, merece ese lugar especial na historia da nosa lingua e da nosa literatura.

Os nosos "Espedrereporteiros" Raúl (4º EP)  e Cesc (5º EP), preséntavos o telexornal de hoxe, onde nos informan sobre a vida da autora homenaxeada este ano. 


Estivechedes atentos ao telexornal? Si? Pois neste xogo podedes  comprobar todo o que aprendiches!! A ver quen consegue máis acertos!!



Unha das cousas máis importantes que temos que aprender son PALABRAS, co fin de saber cales queremos dicir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas. Propóñovos xogar cun Pasapalabra, no que tendes que adiviñar as palabras en lingua galega. 
Quen é quen de completalo? Ánimo e a comezar!

 


 Que pasedes un feliz día!!

A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈

xoves, 6 de maio de 2021

LECTORA DO MES DE ABRIL

Ola, lectores!! 

Vaia sorpresa! Por fin podemos felicitar e entrevistar a unha nena de 5º de infantil por ser a  lectora do mes de abril. O seu nome é...

Lola Agís


                          Entrevista  

Fada:  Ola Lola!! Véxote moi maior! Cantos anos tes xa?

Lola:  Teño 4 anos.

Fada:  Polo visto, segues lendo moito. Sabes ler ti soa?

Lola: Comezo a ler algunhas cosas soa.

Fada:  Cando aprendiches ? 

Lola: Neste curso, coa axuda da miña nai e a miña profe.

Fada: Cantas cousas fas xa! Ademais quedei abraiada coas fichas de lectura que entregaches. Están fenomenal! Fixéchelas soa ou  axudouche alguén? 

Lola: Axudoume a miña nai.

Fada:  Moi ben. E... de todos os libros que liches, cal é o teu favorito?

Lola: Gústanme moito os libros de princesas e tamén o libro ¡Alguien se ha tragado a Lola!

Fada: Quen é Lola? Unha nena coma ti? 

Lola: Non, Lola é unha bolsa que flota desorientada no mar e unha tartaruga trágaa.

Fada:  Non me digas! E que pasou ao final?

Lola: Que un neno consegue rescatala. 

Fada:  Ufff... que alivio!!... por certo, na túa casa, aos teus pais gústalles ler tanto coma ti? 

Lola: Si, na miña casa, miña nai é a que máis le.

Fada: Cal é o teu momento favorito do día para ler un libro?

Lola: Pola tarde cando estou no salón coa miña nai.

Fada: Agora unha pregunta importante: Se foses unha personaxe de conto, cal che gustaría ser?

Lola: Unha  fada, para facer cumprir os desexos dos demais.

Fada: Moitas grazas Lola. Encántame coñecer pequenas pero grandes lectoras coma ti.

Lola: Adeus!


A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈