xoves, 29 de outubro de 2009

Os libros comezan a viaxar...


Hoxe dende a Biblioteca do cole e, en colaboración cos titor@s, os "Libros" comezaron a viaxar para achegarse ás casas dos nen@s de Samieira e Raxó e levar así a imaxinación e o coñecemento que nos aportan, ademais de facervos pasar bos ratos proporcionando ledicia a tod@s as familias que con moita ilusión participan.

Que tanto o Libro Viaxeiro, como as Mochilas Viaxeiras vos ofrezan boas lecturas e aprendades delas!!!



luns, 26 de outubro de 2009

Celebramos o "Día da Biblioteca".

Como sabedes o 24 de outubro conmemoramos o "Día da Biblioteca", así que puxémonos en marcha para realizar as actividades que Leo nos tiña preparadas...a ver que vos parecen!!


Visionado de diapositivas onde o protagonista é o Libro e a lectura.





Alumn@s traballando na Biblioteca debuxando a portada do "Libro especial".





Así quedou o mural que fixemos entre tod@s.


Esperamos que vos guste!!

mércores, 14 de outubro de 2009

Benvida de "Leo"


Este curso 2009-10, a nosa mascota Leo, ten preparadas varias sorpresas que nos animarán a seguir lendo e aprendendo deles: OS LIBROS!!




Mural (Aula de Plástica).