luns, 10 de decembro de 2018

EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS


 Este curso e, para facilitar o traballo de busca de fondos temáticos ou axeitados para o desenvolvemento de proxectos, contidos de aula, celebracións,etc., o Equipo de Biblioteca estamos a facer seleccións de fondos que colocamos nos expositores xa reservados para esta actividade.


   En primeiro lugar, fixemos unha selección de fondos para o Samaín, orientada a todas as idades e gustos; e, actualmente, temos catro seleccións á disposición dos lectores e lectoras:


1. Libros de Psicopedagoxía.

2. Libros para desenvolver o Proxecto das Emocións.

3. Libros que fomentan valores e boa convivencia.

















E, unha cuarta exposición, no exterior (Baúl dos libros), onde temos fondos con temática de Nadal.





Podedes pedir información e aproveitar para facer tamén suxerencias de futuras compras.



Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos que sexan do voso agrado!!


LECTOR/A DO MES

   Ola lectores e lectoras!
 Informarvos que, o lector/a do mes de novembro, volve a recaer nunha alumna da clase de 1º: Lúa M. C. 

   Queremos felicitala enormemente, porque coa súa presenza cada día na biblioteca e  a paixón que transmite pola lectura, serve de exemplo e modelo a seguir.

 Esta boa nova é compartida por toda a comunidade escolar.









                                    MOITAS FELICIDADES LÚA...SEGUE ASÍ!!