luns, 10 de decembro de 2018

EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS


 Este curso e, para facilitar o traballo de busca de fondos temáticos ou axeitados para o desenvolvemento de proxectos, contidos de aula, celebracións,etc., o Equipo de Biblioteca estamos a facer seleccións de fondos que colocamos nos expositores xa reservados para esta actividade.


   En primeiro lugar, fixemos unha selección de fondos para o Samaín, orientada a todas as idades e gustos; e, actualmente, temos catro seleccións á disposición dos lectores e lectoras:


1. Libros de Psicopedagoxía.

2. Libros para desenvolver o Proxecto das Emocións.

3. Libros que fomentan valores e boa convivencia.

















E, unha cuarta exposición, no exterior (Baúl dos libros), onde temos fondos con temática de Nadal.





Podedes pedir información e aproveitar para facer tamén suxerencias de futuras compras.



Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos que sexan do voso agrado!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario