mércores, 29 de abril de 2020

TÍTULOS QUE CONTAN RELATOS

Ola amiguiños/as!!
Hoxe, traémosvos unha nova proposta, que de seguro os vai a gustar moito.
Queremos que empreguedes a vosa imaxinación e creatividade e que nos contedes un relato a partir dos títulos dos vosos libros preferidos que tendes na casa.

Sabedes como facelo? No seguinte vídeo amosámosvos un exemplo. Prestade moita atención.



Se sodes quen de crear as vosas propias historias, e queredes compartilas con nós, podedes enviarnos un vídeo (en horizontal) ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com

Xa comezan a chegar os primeiros relatos... 
Botádelle unha ollada ao fantástico relato que nos conta Roi.

Sara tamén quixo compartir con nós o seu  bonito relato Veo, veo...

Pola súa parte, Xavi S. tráenos unha historia relacionada coa primavera, escoitade...



O relato de Lucía ten como protagonista a Alfred e Ágata... que lles sucederá nesta ocasión?
 
Quen son...? De este xeito comeza o relato de Rául... queredes saber como sigue?...



A profe Paula creou un relato sobre un tema moi moi de actualidade...  de que tratará?

Brais, tamén creou o seu propio relato...


Adriana fainos un relato sobre unha princesa moi alegre...

Moitas grazas a todos pola vosa participación...temos unha magnífica canteira de relatores en Espedregada.

A continuación, deixámosvos uns vídeos coa interpretación que fixeron algúns dos vosos compañeiros recitando o poema "Estaba o señor don Libro",actividade que propuxemos no post anterior. 

Guillermo e os seus irmáns dramatizan dun xeito moi simpático este poema de "Gloria Fuertes" que os presentamos con motivo do Dia do Libro.


Sensacional rapaces!! O voso é a interpretación.
 
Gimena, Pablo e Naim e Manuela tamén quixeron recitarnos o poema, e fixérono xenial!!







Por último, presentámosvos un programa de radio que fixeron Roi e Sara, onde nos contan cousas moi interesantes e cara ao final recítannos o poema de Gloria Fuertes.. estade moi atentos!! 


Que marabilla de locutores temos no noso cole!! non nos perderemos ningún programa.

E os demais...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



Todvai saír ben! 🌈

mércores, 22 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO


Como cada 23 de abril dende o 1988 celébrase a nivel internacional o Día do Libro e dos dereitos de autor. 

Este ano temos que celebralo dun xeito diferente. Aínda que esteamos na distancia, o vídeo que preparamos, queremos que vos faga sentir máis cerca neste día.

                                                     

Grazas á vosa participación, superastes o reto literario que vos propuxemos "Fame de palabras". Esperamos que sirva para facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as.

"Ler fainos únicos"


Os vosos compañeiros de 6º, tamén quixeron agasallarnos cun fantástico audiolibro que fixeron para conmemorar esta data, baseado no libro "Bailaremos baixo unha estrela" da autora Fernanda Rodríguez Muguruza. 

Un conto, moi de actualidade, cunha mirada de reflexión sobre a situación que estamos a vivir.


Moitas grazas, que bonito vos quedou!!

Algunhas familias achégannos algunhas propostas para ler nestes días.
Roi elixe "Animalotes"(Episodios 1 y 2), de Aaron Blabey; editado por Anaya.



Gústalle porque é moi divertido e expresivo, moi sinxelo de ler e cunhas ilustracións fantásticas. Non vos podedes perder as aventuras destes "Animalotes"!! Roi xa está desexando ler os seguintes episodios!!

Sara teno claro: "Busca que te busca Bichitos", editado por Usborne foi todo un descubrimento para ela.



E nunca mellor dito, porque se pode pasar horas descubrindo onde se agochan bolboretas, eirugas, abellas, escaravellos... Como di ela, un libro moi de primavera. 
 
Juan proponnos ler "Los asquerosos", de Santiago Lorenzo; editado por Blackie Books.


Cunha edición moi coidada, como todas as de Blackie, neste libro Santiago Lorenzo cóntanos a historia dun rapaz que ten un "encontronazo" cun policía. Entra en pánico e decide marchar a unha aldea na que non vive ninguén. Alí dáse conta de que pode vivir sen apenas nada. Todo contado cun ton de crítica á sociedade actual. 

Raquel D.quedou enfeitizada con "Terra", de Eloy Moreno (en formato libro electrónico).



Un libro que lle fixo reflexionar moito, cunha  temática que se adapta moito a estes días. Semella unha historia de ciencia ficción pero... e se hai aspectos que son moi, moi reais? Con "Terra" poderás pensar, reflexionar, mergullarte na historia que conta, viaxar, escoitar música e sorprenderte.

Para rematar a familia Alvés Díaz, agasállanos co libro " Te regalo un conto" de Jorge Gonzalvo e Cecilia Varela, editado por Lóguez.




É unha pequena gran obra de arte que se converteu nun dos seus libros indispensables, porque nos fai ver todo o que se regala cando agasallamos cun conto: emocións, imaxinación, amizade ... É un libro que nos lembra a importancia de soñar e de coidar ás pequenas cousas do día a día.

Moitas grazas a todos por recomendarnos tan boas lecturas!!

Non podiamos acabar sen aprender esta poesía de Gloria Fuertes. Titúlase "El señor don libro".

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.
Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
libros
esperando a que viniera… (a leerlo)
algún pequeño lector.
Don Libro era un tío sabio,
que sabía de Luna y de Sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.
Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el Libro entró en calor.
 
Quen é quen de aprendela? se vos atrevedes con este novo reto, podedes mandar os vosos vídeos recitándoa ou dramatizándoa.

Se pola contra,  preferides facer un caligrama escribindo o poema formando a silueta dun libro, podedes compartilos con nós enviándoos ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com 

Dende a ANPA, Cristina fixo este caligrama sobre a poesía proposta; é unha auténtica marabilla.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Todvai saír ben! 🌈

xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Ola de novo!

Estamos a piques de conmemorar o Día do libro, o vindeiro 23 de abril e para celebralo convidámosvos a  participar na seguinte iniciativa co fin de facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as.

Queredes saber en que  consiste?  Aquí tendes toda  a información.
.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Xa chegaron  as primeiras fotografías.


Reto conseguido, familia Alvés Díaz!! 

A súa palabra elixida é "tempo". Consideran que este término cobra agora máis significado, porque temos moito tempo para ler, xogar, pensar, entender, observar ou incluso...perdelo.


Moitas gracias pola vosa participación,  fixestes unha foto moi orixinal!
 



Mencía elixiu "xenerosidade", unha palabra que cobra especial importancia nestes días. Moi ben Mencía!!


Agustín e Guille escolleron "amor" e "cariño", dous sentimentos que non deben faltar nestes momentos.
Boa escolla!

"Familia" foi a palabra escollida por Tito e "esperanza" por Gimena. Non debemos perder nunca a esperanza, de que todo va a saír ben e se estamos coa familia, moito mellor. Ben feito, rapaces!!
A mestra Paula optou pola palabra "medrar". Este tempo que estamos a pasar permítenos medrar en moitos sensos: coñecemento, en corazón, en igualdade, en imaxinación, en sabedoría...
Moitas graza Paula, sen dúbida este é tempo de desenvolvemento persoal.


Sofía, tróuxonos "xogar", é importante que o xogo tampouco falte nestes días. Fenomenal Sofía!!

Pola súa parte, Pablo tamén elixiu "tempo"...nestes intres somos ricos en tempo. Moi ben Pablo!

Álex tróuxonos moitas palabras significativas para el e un gran libro "O Principiño", moi boa escolla Alex!
 



As irmás Calvo, Carlota e Lola escolleron dúas palabras que nos transmiten sensacións moi agradables "ledicia" e "amizade". Estupendo rapazas!!


Celia, escolleu a palabra máis anhelada por todos nestes momentos "liberdade".  Xenial Celia!



Selene e Lúa, optaron por dúas palabras que non poden faltar nestes días para facelos máis soportables "música" e "amor". Moi  ben, bonitas!!

Con todas as fotografías que nos enviades, estamos preparando unha presentación dixital.

Moitas grazas a todos pola vosa participación, reto conseguido!!



  Todvai saír ben! 🌈

martes, 14 de abril de 2020

CONTADAS DENDE A CASA

Ola familias!
Seguimos coas contadas dende a casa. Nesta ocasión, a familia Alvés Díaz elixiu tres contos moi fermosos, que nos relatan  unhas historias conmovedoras e nos transmiten uns valores inspiradores .

Sara, cóntanos "Telma, el unicornio" de Aaron Blabey, un divertido libro sobre a importancia de amarte a ti mesmo como es ... aínda que non esteas cuberto de brillo.Telma soña con ser especial ... Que estaría disposta a conseguir?


Juan, achéganos "Wild", da autora Emily Huhges. Nárranos a historia dunha rapaza que vive feliz na natureza, onde os osos lle ensinaron a comer, aos paxaros a falar e ás raposas a xogar. É audaz, valente e incriblemente libre. Pero un día chega a escena un novo animal, un animal estraño coma ela .. queredes saber que ocorre? Prestade atención.


Desta vez Roi, animouse a ler só, que por certo o fai fenomenal.Cóntanos o conto "El pájaro de la abuela"  de Benji Davis. Un álbum ilustrado para que os nenos e as nenas aprendan a valorar as relacións coas persoas maiores, especialmente coas avoas e avós.


O protagonista Noé, o mesmo neno que no libro de "A balea",  non está seguro de querer pasar o verán coa avoa. Pero isto é antes de estar involucrado nun rescate espectacular que marcará o comezo dunha nova e conmovedora amizade.





Moitas grazas pola vosa colaboración. Gozamos moito coas emotivas historias que nos traedes!


Lembrámosvos  que se queredes mandarnos vosos audiocontos, historias, poesías ou debuxos  relacionados cos  libros que ledes, podedes envialos ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémolos no noso blog.  

 Todvai saír ben! 🌈

sábado, 11 de abril de 2020

LECTOR/A MES DE FEBREIRO - MARZO


Despois dalgúns meses liderando o ranking do lector do mes os cativos da escola, nos meses de febreiro e marzo conseguiuno a nosa querida Lucía, de 6º curso.

A Lucía encántalle ler e cubrir as fichas resumo para conseguir moitos "espedregadis". Levaba todo o curso lendo un montón e , por fin, o conseguiu. Aquí, os deixamos a súa interesante entrevista:

Fada: Ola Lucía! Parabéns! Fuches a lectora do mes e ademais, hai que dicir que as fichas de lectura que entregaches estaban xenial!

Lucía: Moitas grazas. Estou moi contenta. 

Fada: Poderíasnos dicir cales son os teus libros favoritos?
Lucía: Os meus libros favoritos son: "La hora de las brujas" de Jack Henseleit  e "La piedra del demonio".

Fada: Que libro che gustaría ter na biblioteca?
Lucía: "La piedra del demonio" e máis libros da colección "Los sin miedo" xa que son de medo e terror, que son os xéneros que máis me gustan.

Fada: Cales son os teus escritores favoritos?
Añadir leyenda
Lucía: Jack Henseleit, Alfred Hitchcock e Agatha Christie. Hai pouco, lin o libro da colección Alfred e Agatha: "O gran truco de Houdini"

Fada: Pódesnos dicir o que acontece nel?
Lucía: Alfred e Agatha, son dous nenos que pasan uns días na casa de Arthur Conan Doyle, en Edimburgo. Alí un perigoso ladrón planea roubar un diamante no tren que vai a Londres. Axudados por Houdini, un  mago amigo de sir Arthur, os nenos tentarán impedilo. Aínda que para conseguilo, terán que vivir unha viaxe chea de misterios e trucos de maxia.

Fada: A verdade é que ten moi boa pinta. Pedirémolo na nosa caixa de suxestións. E a tí Lucía, que te leva a ler?
Lucía: Coa lectura podo imaxinar que os meus amigos e máis eu estamos vivindo as aventuras que están a suceder nos libros.

Fada: Moi boa resposta Lucía, un libro nos permite imaxinar e nos mergulla nun mundo da fantasía. Por certo, que che gusta  máis, a literatura galega ou a castelá?
Lucía: Gústanme as dúas, pero prefiro ler en castelán porque coñezo o significado de máis palabras.

Fada: Xa que ademais de ser unha gran lectora es tamén unha fabulosa escritora, pensas escribir libros  cando sexas maior?
Lucía: Si, para poder compoñer as miñas propias historias, nas que  os meus amigos e máis eu sexamos  os protagonistas.

Fada: Canto tempo che leva ler un libro?
Lucía: Un libro de 300 páxinas podo tardar 3 días en lelo.

Fada: E xa para rematar, que é o mellor da biblioteca para ti? 
Lucía: Todos os libros que ten, e tamén que podo ser bibliotecaria.

Fada: Moitas grazas pola túa entrevista Lucía. Agora coñecémoste un pouquiño máis. Espero que se cumpra o teu sono de ser escritora.

Lucía: De nada, ata pronto!  

venres, 3 de abril de 2020

CONTOS FAMILIAS E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola familias!! Xa que este mes va de libros, que mellor que aproveitar para intercambiar entre todos nós algún libro que xa limos ou que estamos a ler...

Hoxe queriamos compartir con vos este marabilloso conto que nos mostra Roi e que nos narra súa nai Raquel. Vai sobre  a tenra historia dunha balea  que queda varada nunha praia. Ademais a narración transmítenos uns  inspiradores valores educativos. Titúlase " La Ballena " de Benji Davis.



 
Pola súa parte, os compañeiros de 6º curso, achéganvos algunhas recomendacións de libro. A Guille, gustoulle moito este divertido libro do que nos fala a continuación.  " O xenio da botella de gasosa". Queredes descubrir de que vai?



Lola, recoméndanos " Os Futbolísimos", unha colección de fútbol e misterio, escrita en clave de humor e protagonizada por un grupo de rapaces de 11 anos. Concretamente nos fala do libro " El misterio del castillo embrujado" Escoitádea atentamente. 




Pablo, fálanos do libro "Os segredos de Youtube", un libro, no que "The  Grefg" comparte con nos as súas reflexións  da plataforma estrela de internet.Queredes saber de que trata? Escoitádeo con atención.



 A Gimena encántalle moito Harry Potter, e tamén quíxonos  recomendar o libro "Harry Potter y el cáliz de fuego". Deixounos esta ficha resumo, na que nos conta que foi o que máis lle gustou.
 
Moitísimas  grazas a todos pola vosa participación!!

Infórmate e colabora:

Aínda que esteamos na casiña, queremos que a lectura continúe na distancia.
Se vós tamén queredes participar contándonos un conto, e compartilo con nos, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar un vídeo ao enderezo da biblioteca(bibliotecaespedregada@gmail.com)

Agardamos as vosas lecturas!

Todvai saír ben! 🌈

xoves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 
A data coincide co día de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o cal foi o creador dalgúns contos  clásicos infantís máis coñecidos en todo o mundo, como "O soldadiño de chumbo", "A sereíña" ou "O patiño feo" entre outros.   Ademais os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas e algúns foron levados ao teatro e á gran pantalla.

Para conmemorar este día, propoñémosvos  que disfrutedes, todos xuntos na casa, destes contos clásicos de Andersen.









E para que pasedes un anaco entretido cantando, a profe Paula preparou este divertido conto sobre un can ao que lle gusta comer todo o que atopa. " El perro glotón".


Moitas grazas Paula, quedamos abraiados coa túa interpretación!!

Gustouvos? Se vos tamén queredes participar, e compartir con nos eses contos, libros de banda deseñada ou de información que vos gustan,  podedes facer o seguinte:

Escolledes un libro, preparades ben a súa lectura, que poderá ser compartida coa vosa nai, pai, ou irmáns..., e incluso podedes engadir outros elementos: disfraces, monicreques, debuxos...

Unha vez que xa estea preparado, gravades en vídeo ( de arredor duns 3 minutos) a súa presentación, que podedes enviar ao seguinte enderezo:  

bibliotecaespedregada@gmail.com 

Deste xeito poderemos publicalos no blog e compartilos con toda a comunidade educativa.

Animádevos a participar!! 

Todvai saír ben! 🌈