Despois dalgúns meses liderando o ranking do lector do mes os cativos da escola, nos meses de febreiro e marzo conseguiuno a nosa querida Lucía, de 6º curso.
A Lucía encántalle ler e cubrir as fichas resumo para conseguir moitos "espedregadis". Levaba todo o curso lendo un montón e , por fin, o conseguiu. Aquí, os deixamos a súa interesante entrevista:
Fada: Ola Lucía! Parabéns! Fuches a lectora do mes e ademais, hai que dicir que as fichas de lectura que entregaches estaban xenial!
Lucía: Moitas grazas. Estou moi contenta.
Fada: Poderíasnos dicir cales son os teus libros favoritos?
Lucía: Os meus libros favoritos son: "La hora de las brujas" de Jack Henseleit e "La piedra del demonio".
Fada: Que libro che gustaría ter na biblioteca?
Lucía: "La piedra del demonio" e máis libros da colección "Los sin miedo" xa que son de medo e terror, que son os xéneros que máis me gustan.
Fada: Cales son os teus escritores favoritos?
Añadir leyenda |
Fada: Pódesnos dicir o que acontece nel?
Lucía: Alfred e Agatha, son dous nenos que pasan uns días na casa de Arthur Conan Doyle, en Edimburgo. Alí un perigoso ladrón planea roubar un diamante no tren que vai a Londres. Axudados por Houdini, un mago amigo de sir Arthur, os nenos tentarán impedilo. Aínda que para conseguilo, terán que vivir unha viaxe chea de misterios e trucos de maxia.
Fada: A verdade é que ten moi boa pinta. Pedirémolo na nosa caixa de suxestións. E a tí Lucía, que te leva a ler?
Lucía: Coa lectura podo imaxinar que os meus amigos e máis eu estamos vivindo as aventuras que están a suceder nos libros.
Fada: Moi boa resposta Lucía, un libro nos permite imaxinar e nos mergulla nun mundo da fantasía. Por certo, que che gusta máis, a literatura galega ou a castelá?
Lucía: Gústanme as dúas, pero prefiro ler en castelán porque coñezo o significado de máis palabras.
Fada: Xa que ademais de ser unha gran lectora es tamén unha fabulosa escritora, pensas escribir libros cando sexas maior?
Lucía: Si, para poder compoñer as miñas propias historias, nas que os meus amigos e máis eu sexamos os protagonistas.
Fada: Canto tempo che leva ler un libro?
Lucía: Un libro de 300 páxinas podo tardar 3 días en lelo.
Fada: E xa para rematar, que é o mellor da biblioteca para ti?
Lucía: Todos os libros que ten, e tamén que podo ser bibliotecaria.
Fada: Moitas grazas pola túa entrevista Lucía. Agora coñecémoste un pouquiño máis. Espero que se cumpra o teu sono de ser escritora.
Lucía: De nada, ata pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario