martes, 14 de abril de 2020

CONTADAS DENDE A CASA

Ola familias!
Seguimos coas contadas dende a casa. Nesta ocasión, a familia Alvés Díaz elixiu tres contos moi fermosos, que nos relatan  unhas historias conmovedoras e nos transmiten uns valores inspiradores .

Sara, cóntanos "Telma, el unicornio" de Aaron Blabey, un divertido libro sobre a importancia de amarte a ti mesmo como es ... aínda que non esteas cuberto de brillo.Telma soña con ser especial ... Que estaría disposta a conseguir?


Juan, achéganos "Wild", da autora Emily Huhges. Nárranos a historia dunha rapaza que vive feliz na natureza, onde os osos lle ensinaron a comer, aos paxaros a falar e ás raposas a xogar. É audaz, valente e incriblemente libre. Pero un día chega a escena un novo animal, un animal estraño coma ela .. queredes saber que ocorre? Prestade atención.


Desta vez Roi, animouse a ler só, que por certo o fai fenomenal.Cóntanos o conto "El pájaro de la abuela"  de Benji Davis. Un álbum ilustrado para que os nenos e as nenas aprendan a valorar as relacións coas persoas maiores, especialmente coas avoas e avós.


O protagonista Noé, o mesmo neno que no libro de "A balea",  non está seguro de querer pasar o verán coa avoa. Pero isto é antes de estar involucrado nun rescate espectacular que marcará o comezo dunha nova e conmovedora amizade.





Moitas grazas pola vosa colaboración. Gozamos moito coas emotivas historias que nos traedes!


Lembrámosvos  que se queredes mandarnos vosos audiocontos, historias, poesías ou debuxos  relacionados cos  libros que ledes, podedes envialos ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémolos no noso blog.  

 Todvai saír ben! 🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario