Ola familias!! Xa que este mes va de libros, que mellor que aproveitar para intercambiar entre todos nós algún libro que xa limos ou que estamos a ler...
Hoxe queriamos
compartir con vos este marabilloso conto que nos mostra Roi e que nos narra
súa nai Raquel. Vai sobre a tenra historia dunha balea que queda
varada nunha praia. Ademais a narración transmítenos uns inspiradores valores
educativos. Titúlase " La Ballena " de Benji Davis.
Pola súa parte, os compañeiros de 6º curso, achéganvos algunhas recomendacións de libro. A Guille, gustoulle moito este divertido libro do que nos fala a continuación. " O xenio da botella de gasosa". Queredes descubrir de que vai?
Lola, recoméndanos " Os Futbolísimos",


A Gimena encántalle moito Harry Potter, e tamén quíxonos recomendar o libro "Harry Potter y el cáliz de fuego". Deixounos esta ficha resumo, na que nos conta que foi o que máis lle gustou.
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!!
Infórmate e colabora:
Aínda
que esteamos na casiña, queremos que a lectura continúe na
distancia.
Se
vós tamén queredes participar contándonos un conto, e compartilo con nos, podedes facelo pedindo
axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar un vídeo
ao enderezo da biblioteca(bibliotecaespedregada@gmail.com)
Agardamos as vosas lecturas!
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario