A concellería de Igualdade do Concello de Poio achegounos o proxecto ‘Conta comigo, precursora’, unha iniciativa itinerante que forma parte da programación impulsada polo Concello e polo CIM para conmemorar o Día Internacional da Muller.
luns, 21 de marzo de 2022
mércores, 16 de marzo de 2022
SAGA STAR WARS NA BIBLIO
A fada Acaramelada, como responsable da nosa biblioteca, ten o gusto de informarvos que a saga Star Wars xa está dispoñible para todas e todos vos.
mércores, 9 de marzo de 2022
QUEN E QUEN? DO 8M
Este 8M a Fada Acaramelada propúxonos un xogo moi divertido, adiviñar pola súa caricatura a identidade de varias mulleres galegas pioneiras e reprsentativas nas súas disciplinas.
martes, 8 de marzo de 2022
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe celebramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadás e cidadáns na procura dunha sociedade máis xusta.
Dende a nosa biblioteca queremos que as nenas e os nenos coñezan a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia e recoñezan a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.
Non vos esquezades de pasar polo noso recuncho do 8M!!