luns, 30 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA: AUDIOCONTOS FAMILIAS

Ola de novo! Como estades?
Para facer máis amenos estes días na casa, Roi e a súa irmá Sara regálannos este audioconto sobre o libro "Que tal estás?" do autor Anthony Browne.

Nesta ocasión, fan unha versión moi entrañable e tenra deste libro,  e ensínannos como expresar as nosas emocións a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes....



Que marabilla de audioconto!! Quedamos enfeitizados!!
Moitísimas grazas Roi e Sara pola vosa colaboración! 
Aprendemos moito convosco.

Agardamos que vos guste e vos entreteña un chisco.


Todvai saír ben! 🌈

Infórmate e colabora:

Aínda que esteamos na casiña, queremos que a lectura continúe na distancia.
Se vós tamén queredes participar contándonos un conto, e compartilo con nos, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao enderezo da biblioteca(bibliotecaespedregada@gmail.com)

Agardamos as vosas lecturas!

mércores, 25 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA- ACTIVIDADES DAS FAMILIAS

Ola amigos,
Como pasades estes días nos que temos que estar na casa?
Hoxe queriamos compartir con vos, este audioconto  sobre  o libro " Animais de compañía" da editorial Kalandraka, que Roi  e súa nai prepararon con moita ilusión e agarimo.





Moitas grazas Roi e Raquel pola vosa colaboración!! Encantounos o voso audioconto.

Lembrámosvos  que se queredes mandarnos vosos audiocontos, historias, poesías ou debuxos  relacionados cos  libros que ledes, podedes envialos ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémolos no noso blog.  

 Así que, non vos esquezades de ter un momento para a lectura, podédela facer sós  ou coa a vosa familia na casa, buscade un sitio agradable, ben iluminado e ... Gozade coa lectura! 

Lembrade que podedes seguir conseguindo "espedregadíes" se ledes un libro e completades a ficha de lectura que os deixamos a continuación:


CADA DÍA UN CONTO OU UNHA POESÍA

A biblioteca "A Fada Acaramelada" quere que, durante estes días que temos que quedar na casa, o pasedes da mellor forma posible. Por iso, iremos poñendo diferentes enlaces, cancións e actividades para que esteades máis entretidos. 

Hoxe propoñémosvos dous videocontos para que saibades máis sobre o coronavirus. 

O primeiro, ten como protagonista ao noso querido "Monstro de cores", o cal vos explica, aos máis cativos, o que é o coronavirus e vos ensina a xestionar as vosas emocións.



 "Rosa contra o virus" ademais, ofrécenos uns consellos para previr a enfermidade e proponvos algunhas actividades para facer nos vosos fogares estes días.




Esperamos que vos gustasen  e lembrade que a lectura tamén é unha moi boa compañía.
Ánimo familias!

RECURSOS E PROPOSTAS ÁS FAMILIAS

Nestes momentos excepcionais, nos que temos que permanecer na casa, queremos compartir con vos algúns recursos cos que  pretendemos trasladar o noso amor polos libros e pola lectura a todos os fogares.

KALANDRAKAhttp://www.kalandraka.tv/gl/index.php
Podedes consultar os apartados de: vídeos musicais, contos contados e cantar e contar.


GALICIA LEhttps://www.galiciale.gal/
Libros electrónicos das bibliotecas escolares para descargar. Só precisades poñer o voso número de socio ou solicitar o rexistro.
OS BOLECHAS: https://osbolechas.gal/canal-tv.php
Con xogos on line  e canle tv



OQO: https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ
Filmes en galego
ELOY MORENO: https://eloymoreno.com/producto/cuentos-para-quedarse-en-casa  Permítenos descargar, durante estes días de balde, o seu libro "Cuentos para quedarse en casa". Unha colección de breves historias para ler en familia. Podedes baixalo na seguinte ligazón: 




AULAS GALEGAS: http://aulasgalegas.org/
Recursos educativos para todas as idades en galego



SALÓN DO LIBRO: https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/
Ten por obxectivo fomentar a lectura de libros en galego





OSCAR BARRENO:  https://issuu.com/oscarmariabarreno 
Podedes ler as obras do escritor de literatura infantil Oscar Barreno. Aquí atoparedes lecturas para todas as idades, dende "Un conto sen escritor" (para os máis pequenos), ata "Pablito de Non" (para os máis vellos), pasando por outras historias.

martes, 24 de marzo de 2020

XOGOS PARA INVENTAR CONTOS


Sen dúbida os contos xogan un papel importante no fomento da imaxinación e a creatividade. Hoxe compartimos  recursos para inventar e xogar cos contos.

Propóñovos algúns trucos para inventar contos cos vosos peques,  xogos todos inspirados nas técnicas que Rodari explica na súa "Gramática da fantasía".   

O BINOMIO FANTÁSTICO

Como aseguraba Rodari “Unha historia só pode nacer dun binomio fantástico”. Neste primeiro xogo trátase de xogar ás parellas desemparelladas. 
Propón aos teus fillos que escriba (ou diga e ti apúntaa) unha lista de, por exemplo, dez palabras ao azar. Fai ti o mesmo e pon as dúas listas, unha á beira da outra.
Descubriredes unhas combinacións do máis tolas e, o máis importante, seguro que algunha vos inspira para inventar algunhas historias.

CONTOS AO REVÉS

Démoslle a volta aos contos, pasémolos polo espello… garántovos horas de risa incontrolable. Os nenos coñecen ben os contos de sempre e se llo explicamos ao revés atoparedes nos clásicos un novo e estimulante xogo. 
Na súa “Gramática” Rodari propuña unha Carapuchiña mala e un lobo bo; unha Cincenta descarada que facía rabiar ás súas medias irmás e a Brancaneves atopándose cuns xigantes no corazón do bosque.

Animádesvos cunha Rapuncel de pelo curto ou cun frautista de Hamelín que atrae ás ratas? Como será neste caso o "Erase unha vez"? 


Se queredes escribir unha destas historias  y compartila con nos, podédela enviar ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémola no noso blog.  


Asemade, lembrámosvos que podedes seguir conseguindo "espedregadíes" se ledes un libro e completades a ficha de lectura que os deixamos a continuación:

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

HOXE 21 DE MARZO CELÉBRASE O:


En 1998, a organización Unesco, propuxo celebrar cada 21 de marzo esta conmemoración co propósito de fortalecer a cultura no noso planeta.


Para conmemorar este día compartimos convosco esta canción adicada á nosa Rosalía de Castro. Animámosvos a escribir un poema que podedes enviar ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémolo no noso blog.  
  




Sofía fixo un acróstico coas letras da poetisa do noso proxecto deste ano, Gloria Fuertes. Mirade que fermoso lle quedou!

 

HOXE COMEZA A ESTACIÓN DA

PRIMAVERA 

DEIXÁMOSVOS UN POUCO DE INFORMACIÓN



 
 Que pasedes un bo día!

luns, 9 de marzo de 2020

DÍA DO AMOR E AMIZADE


Chegou o 14 de Febreiro, e a "Árbore de amizade"  consolidouse coa colaboración de todos.

Aproveitamos este mes para facer un recopilatorio de contos transmisores de valores como a amizade, a axuda, o cariño, o amor...e mostralos a toda a comunidade educativa.

Ademais, propuxemos ao alumnado escribir  mensaxes relacionadas con ditos valores; mensaxes que nos gustaría escoitar das persoas que nos aprecian e queren, mensaxes con palabras bonitas sen ter un destinatario en concreto...


O alumnado de Espedregada, dende a primeira hora da mañá, foi depositando as súas follas na árbore para expresar a súa concepción da amizade.









Dende a biblioteca, como lembranza da experiencia vivida neste día tan especial, tódolos os usuarios puideron levar un fermoso marcapáxinas en forma de varita, agasallo da nosa mascota "A Fada Acaramelada".


Asemade, preparamos con moito agarimo este recuncho, onde recomendarvos algunhas lecturas e pelis sobre esta temática.
Feliz Día do Amor e Amizade!!

xoves, 5 de marzo de 2020

ENTROIDO


Comezamos o Entroido cos mandatos do "Esqueleto Manolo", o rei do Entroido, que preside a entrada do colexio.

Manolo foinos dando distintas ordes,seguindo os consellos da Fada Acaramelada.



Estes mandatos fixémolos de xeito acumulativo. O luns tivemos que traer a cabeza ataviada.
Mentres que o martes debiamos levar tamén os pés ben engalanados. Así e todo, o mércores mandounos traer decorado o pescozo. 
Alumnado cumplindo os manadatos do noso Manolo
O xoves 20,  foi o noso día preferido, xa que puidemos vir cos nosos pixamas da casa. Tamén puidemos degustar unhas saborosas sobremesas de Entroido, grazas á xentileza das familias.

Por fin chegou o gran día! O venres 21 de febreiro, comezamos recitando o poema de Gloria Fuertes, "Concurso de disfraces", por todo o alumnado do centro.


 Máis tarde, continuamos co desfile polas rúas da vila, dende o colexio ata a praza de Samieira.

Este ano festexamos o Entroido sobre a obra de Gloria Fuertes, e para homenaxear a esta escritora, dende os máis pequenos ata os maiores, disfrazáronse de personaxes da súa poesía.






Os rapaces maiores de sexto, exerceron de presentadores das actuacións e  fixérono  moi ben.
Os primeiros en actuar, foron os pequerrechos de infantil, os cales moveron os seus troncos ao son da  Palmeira Palmira. 



Os alumnos de 1º e 2º bailaron unha canción. Como bruxos e meigas viñeron disfrazados para tal celebración. 


Chegou a quenda dos alumnos de 3º e 4º que moi "marchosos" contáronos cousas do pingüín emperador que nos fixeron flipar. 




De arañas viñeron os compañeiros de 5º, elegantes, e con moito movemento. O seu foi un "remix" elixido por consenso. 




 Para rematar as actuacións, a rapazada de 6º, como mouchos e curuxas,  representaron as súas mellores danzas,  e conseguiron voar!



Foi un entroido moi fermoso, onde todos gozamos moitísimo e as actuacións do noso alumnado estiveron fantásticas. Queremos agradecer a colaboración e presencia no desfile polas rúas a toda a  Comunidade Educativa.