venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

Voltamos das vacacións do Nadal, cos mellores propósitos do novo ano que comeza.

E é que xaneiro chega cargado de proxectos e hoxe celebramos unha  gran data para reflexionar: 

O Día Escolar da Paz e da Non-violencia, é unha xornada que se empezou a levar a cabo en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal como punto de partida e apoio para unha educación non violenta e pacificadora. Celébrase o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Este ano no cole celébrase o venres 29, pero ao longo de toda a semana traballamos sobre o tema dende as distintas áreas e especialidades.

Compartimos momentos que invitan á importancia de vivir en paz, medrando fortalecidos polos valores, que nos levan a convivir no respecto á diversidade, na tolerancia, na solidariedade, pilares sobre os que construír  futuro. 

Todos cantamos deste xeito para acadar un mundo mellor.


Na biblioteca creamos o recuncho lector cos libros que abordan esta temática. 


Nas vosas casas, podedes pasar un momento entretido xogando co seguinte 


PASAPALABRA  DA PAZ


A ver se sodes quen de completalo!!


A Fada Acaramelada.


 Todvai saír ben! 🌈 
<

domingo, 24 de xaneiro de 2021

VIDEO NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Ola a todos/as, 

Deixamos aquí un vídeo, coas normas de funcionamento da biblioteca para este curso, que a rapazada de Espedregada preparou co moito agarimo.

Este vídeo intenta mostrarvos, dun xeito máis gráfico, as normas que están recollidas no protocolo de inicio de curso da biblioteca. Está pensado para que poidades gozar de todo o que  ofrece a biblioteca, sen restricións pero tendo coidado. 




Seguiremos traballando e imaxinando para que a biblioteca sexa unha fonte de recursos lectores e aprendizaxe e tamén ese lugar no que se teñen soños e proxectos.


A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

xoves, 14 de xaneiro de 2021

LECTORA DO MES DE DECEMBRO

 Ola bibliotecantes!!

Seguro que  vos estaredes preguntando quen  foi o lector/a do mes de decembro. 
Pois ben, nesta ocasión temos que felicitar enormemente a unha nena  de segundo de primaria.
Celia Galiano 


Desexades coñecela un chisco máis?  Déixovos a súa entrevista, na cal colaboraron  todos os seus compañeiros/as  de clase  e a reporteira Aurora.

                                        Entrevista  

Parabéns Celia! Fuches a lectora do mes e ademais, hai que dicir que as fichas de lectura que entregaches estaban xenial! Tamén temos que lembrar, que fuches a gañadora do concurso no Día das Bibliotecas Escolares. Que emoción, non?

Celia:  Si, estou moi emocionada  porque nunca fora a lectora do mes.

Fada: Poderíasnos dicir cal ou  cales son os teus libros favoritos?

Celia: Gústame moito o libro Contos de boas noites para nenas rebeldes” o número 2, tamén os libros de aventuras piratas como “Daniela Pirata” ou “Os Jolley Rogers”

Fada: Trouxéronche algún libro os Reis Magos?

Celia: Trouxéronme  o número 1 de “Contos de boas noites para nenas rebeldes”, e  encántame tamén. 

Fada: Entón... gustaríache recomendar ese libro e  a colección do “Os Jolley Rogers” aos teus compañeiros/as e pedilo na caixa de suxestións da biblioteca do cole?

Celia: Si, porque son libros de piratas e a min gústanme porque son moi emocionantes, as súas aventuras e sobre todo que pelexan contra as inxustizas.

Fada: A verdade é que ten moi boa pinta. Pedirémolos na nosa caixa de suxestións. E a ti, que te leva a ler?

Celia: Cada libro ten unha historia distinta dentro e gústame coñecer e deixarme sorprender polo que  nos pode contar un libro.

Fada: Estou totalmente de acordo contigo, Celia. Por certo, que prefires ler, libros en galego ou en castelá?

Celia: Os libros en castelá porque os entendo un anaquiño mellor. Cando leo libros en galego as palabras que non coñezo pregúntollas a miña nai.

Fada: ntaslle contiños a túa irmá pequena, Elena?

Celia: Ás veces, ... unha vez estabamos na cama da miña nai, fomos ao salón e collemos unha lanterna e unha manta e nos puxemos a ler o meu libro favorito debaixo dela...foi moi divertido.

Fada: A min tamén me encanta ler libros dese xeito... e ... canto tempo che leva ler un libro?

Celia: Un libro enteiro podo tardar 2 ou 3 días en lelo. Ademais cada noite leo 3 ou 4 contos de boas noites.

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Celia: Non adoito ler revistas, ... agora estou participando nun concurso de debuxo da revista Clan que consiste en debuxar algún personaxe  das series do canal Clan.

Fada: Seguro que o fas fenomenal, como xa quedou demostrado o ano pasado cando resultaches gañadora do debuxo da mascota da biblioteca e este ano no concurso “Que é una biblioteca para ti?”.

Espero que sigas amosando esa paixón pola lectura  Celia, e nunca deixes de ler. 

Moitas grazas pola túa entrevista. Esta chea de boas recomendacións e de repostas moi interesantes.

Celia: Moitas grazas. Ata logo!

Celia e a reporteira Aurora

A Fada Acaramelada.


 Todvai saír ben! 🌈