sábado, 7 de maio de 2016

Lector de abril: Agustín Torres

Outro rapaz de Infantil. Isto é unha marabilla!! Fixéronse de rogar pero agora están imparables.

LEO: Como te chamas?
AGUSTÍN: Agustín Torres Lores. 
LEO: Cantos anos tes?
AGUSTÍN: 4. 
LEO: E sabes que ti es o que máis liches este mes de todos os nenos do cole?
AGUSTÍN: Sí. 
LEO: Pois quero saber cales son eses libros que liches. 
AGUSTÍN: (marcha á estantería vermella e volve con varios libros): Éste, éste, éste, éste e éste. 
LEO: Sabes dicirme como se titulan?
AGUSTÍN: W-e-n-d- (- "que letra é ésta?" - "y") y, la ranita bocazas ("Wendy, la ranita bocazas de Sam Lloyd. Editorial Parramon). 
LEO: Quen é Wendy, Agustín?
AGUSTÍN:  Esta. 
LEO: E que lle pasa?
AGUSTÍN: Que está enfadada e morde a lingua. 
LEO: E para que morde a lingua?
AGUSTÍN: Non sei. 
LEO: Ok. Colle outro libro a ver como se titula. 
AGUSTÍN: Na - ve - ga, caracol ("Navega, caracol!" de Armando Quintero e André Letria. OQO editora). 
LEO: E sabes que pasa neste conto?
AGUSTÍN: Un caracol que está tan triste que navega e choca. Logo, saen istos, as ras. 
LEO: Moi ben. Imos con outro libro. 
AGUSTÍN: Cu - cu, ga - ti - to ("¡Cucu, gatito!" de Ophélie Texier. Editorial Macmillan). 
LEO: Que pasa nesta historia?
AGUSTÍN:  Mira. Están aquí os tres gatiños escondidos porque non queren asustar a ninguén. E logo, suben á árbore. E mira agora que lle pasa, están asustando ao rato e aparece un can. 
LEO: Fantástico. Imos co último. 
AGUSTÍN: Titúlase Cucu, pequeño canguro ("¡Cucu, pequeño canguro!" de Ophélie Texier. Editorial Macmillan. Mira onde está: ta - ta - ta - chan!
LEO: Que está facendo ahí o canguro?
AGUSTÍN: Está chupando a teta. E logo foi romper unha planta. Mira que saltos máis grandes da. E mira o salto de mamá. 
LEO: Carambas! E ti es capaz de saltar así de alto?
AGUSTÍN: Sí (e ponse a dar un salto moi longo). 
LEO: Que ben! Estás feito un súper deportista. Dime unha cousiña, Agustín. Cales son os teus libros favoritos?
AGUSTÍN: Cucu, pequeño canguro, Cucu, gatito e Navega, caracol. 
LEO: Vale, axúdame agora a explicarlle aos demais nenos que hai que facer se queres ler un libro da biblioteca. 
AGUSTÍN: Ir a collelo. 
LEO: E despois que fas?, Quedas con el na man?
AGUSTÍN: Non. Pois abrilo e lelo. 
LEO: Pero digo eu que antes terás que facer algo con este número (número de rexistro), non?
AGUSTÍN: Sí.
LEO: Pois explícame, por favor. 
AGUSTÍN: Dicir este número e anotar a fechar para saber cando o tes que devolver. 
LEO: E logo que fas?
AGUSTÍN: Lelo. 
LEO: Aquí na biblioteca?
AGUSTÍN: Non. Levalo para casa. 
LEO: Ahh! E na casa con quen les?, Ou les só?
AGUSTÍN: Só. Eu sei ler. 
LEO: Que marabilla. Estarán mami e papi súper contentos. 
AGUSTÍN: Sí. 
LEO: A quen lle gusta ler máis, a ti ou ao teu irmán?
AGUSTÍN: A min. 
LEO: Unha pregunta trampa. E quen le máis, ti ou Guille?
AGUSTÍN:  Eu. 
LEO: Moi ben, Agustín, xa está. Temos que facer unha foto para que saias moi guapo na entrevista. Busca un sitio para sacar a foto.