sábado, 24 de outubro de 2020

CONCURSO DE MICRO- RELATOS DE MEDO!

Ola a todos/as!!

Como xa é tradición no noso cole, celebramos Samaín convocando un concurso literario con micro- relatos de medo que tanto vos gustan.

Premede na imaxe e veredes toda a información!!



Animádevos a escribir os vosos relatos máis arrepiantes!! Sorte a todos/as!!


Xa temos os gañadores /as do noso concurso!!

Teño que dicir que non foi unha decisión sinxela  porque escribistes uns relatos fantásticos!!

O gañador do 1º premio é Roi Alves, de 2º de primaria, quen nos cativou a todos co seu relato "Algo pasou en Espedregada", o cal ten como protagonista ao noso esqueleto Manolo.

  Parabéns Roi!! 

O 2º premio, vai para Olaia Gómez, de 4º de Primaria, quen escribiu  "O gran",  un relato arrepiante que se desenvolve en París e que vos fará estremecer co desenlace da nova Mary- Anne. 
Parabéns Olaia!! 

Por último, Adriana Ruano, de 5º curso, lévase o 3º premio. Cinco amigas son as protagonistas do seu relato "A noite do terror" que ten lugar nunha casa que quedará encantada para sempre. A que ten boa pinta?
 
Parabéns Adriana!!

Quedei moi satisfeita cos vosos relatos. Cada ano o facedes mellor!!

   Feliz Samaín!!

 A Fada Acaramelada


xoves, 15 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola de novo amiguiños!


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. No noso cole para celebralo convidámosvos a  participar no seguinte concurso.

Queredes saber en que  consiste?  Aquí tendes toda  a información.

Os traballos realizaranse nas aulas cos vosos profes. 
Para poder participar, os alumnos/as de E. I e 1º-2º de Primaria, empregaredes a seguinte folla.

No caso dos alumnos/as de 3º a 6º , utilizaredes esta outra  folla para describir como é a vosa biblioteca do colexio. Os vosos relatos teñen que estar escritos en galego ou castelán e a extensión máxima será desta folla por unha soa cara.



Os nomes dos gañadores daranse a coñecer o venres, día 23 de outubro. Ademais haberá outras sorpresas que estou preparando para vós!!  Non podedes faltar!!!

Mentres tanto aquí vos deixo a poesía  " A biblioteca escolar" para que a vaiades aprendendo.

                            ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

O día das bibliotecas é un día moi especial  no CEIP Espedregada. É unha data que esperamos con moita ilusión,  xa que damos a coñecer o proxecto que imos a traballar durante o curso.

"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"

O día 23, comezamos a xornada lendo unha invitación que enviei ás distintas aulas. Nela convidaba aos nenos e nenas do colexio a participar nunha viaxe marabillosa, coma xa fixera Phileas Fogg na súa “Volta ao mundo en 80 días”. 


Para poder emprender a súa viaxe, fíxelles chegar os seus pasaportes, os cales teñen que levar consigo cando visiten a biblioteca para rexistrar os libros que van lendo de cada continente.


A continuación, déronse a coñecer os nomes dos gañadores/as do concurso: Que é unha biblioteca para ti?
En Infantil, Alana Paz proclamouse vencedora co seguinte debuxo da súa visión da biblioteca escolar. 



Na aula de primeiro e segundo, unha vez máis, foi Celia Galiano quen resultou gañadora. 

Debuxaches unha biblioteca con todo luxo de detalles, moi ben!!


Na categoría de redacción, os gañadores de cada aula foron:


Xabier Guerra de 3º curso de EP



Fery Ruano de 5º de EP



Candela Da Silva de 6º EP


Parabéns a todos/as!!

Despois, o alumnado das diferentes aulas, cantaron a canción: "A biblioteca escolar". Que ben o fixeron!! Aquí vos deixo os vídeos das súas actuacións:

Alumnado de 1º/2

Alumnado de 3º


Alumnado de 4º /5º


Alumnado de 6º

Por último, quixen agasallar aos meus queridos lectores e lectoras cun libro para que o incorporen a súa propia biblioteca de lecturas. Fixádevos que contentos están!!

Alumnado de EI


Alumnado de 3º EP


Alumnos de 5º EP

Foi un día inesquecible!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

venres, 9 de outubro de 2020

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Que tal vos vai amiguiños?

Un ano máis as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, nesta ocasión de  luns a venres,  para ofrecervos unha selección de material escrito e audiovisual, para toda a familia.  Iso si, con todas as medidas necesarias para gozar con elas de forma segura nos vosos fogares. 

Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola, no labor común da formación dos nosos lectores/as. Permítenos tamén fortalecer outras destrezas e competencias: escribir, contar, escoitar... Como ben sabedes ler é unha experiencia única e irrepetible. 

KATIA 2º EP
KATIA 2º EP

Antes de usar os materiais que contén a mochila, seguindo as recomendacións sanitarias,  é recomendable  que  hixienicedes as mans (con auga e xabón ou xel hidro -alcohólico).  Non poderedes compartir os materiais da mochila con ningunha persoa fóra da vosa familia.

SARA E.I.

As mochilas levan un material fixo, o cal é seleccionado previamente polo profesorado do  centro atendendo a criterios pedagóxicos e didácticos. Haberá unha listaxe de todo o material para que  comprobedes, antes da súa devolución, que contén todos os materiais e están en perfecto estado.           
ADRIANA 3º EP

No caderno de bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas, debuxos, traballos, resumos... que xurdan ao redor do material que vos chega. Deste xeito, tedes a posibilidade de compartilo co resto de compañeiros/as, léndoos na aula


ÁLEX 5º EP
Os vosos/as compañeiros/as están entusiasmados ao recoller as súas mochilas. As imáxenes falan por si mesmas. 

LOLA E.I.


Os pequerrechos de Infantil tamén puideron gozar de boas lecturas coas bolsiñas viaxeiras. Mirade que olliños de alegría!!


Agardo moi expectante a que escribades as vosas opinións, debuxos, fotos, colaxes... en fin as vosas creacións!! Como premio obteremos o noso libro viaxeiro que nos fará medrar xuntos.

Biquiños!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈