venres, 28 de xaneiro de 2022

RECANTO DA PAZ

Pero mira que nos gustan os recantos temáticos na nosa biblioteca. Esta vez, e para celebrar con todas e todos vos o "Día escolar a non violencia e da Paz" fixemos unha escolma de libros relacionados con esta festividade para que poidades gozar con eles.
Recordade: PAZ E AMOR ✌✌✌

 

 

DÍA DA PAZ

 Un ano máis celebramos o día da paz e a non violencia cunha chea de actividades. 

Recordade!! Paz, tolerancia, comprensión e non violencia.








luns, 17 de xaneiro de 2022

YAKARI NA BIBLIO DO CEIP ESPEDREGADA

A Fada Acaramelada xa ten un novo amigo, as aventuras de "Yakari" é unha nova colección de cómics que temos na nosa biblioteca. Anímate a coñecelo!


 

OS GAZAFELLOS XA ESTÁN AQUÍ

Quen che contou que os Gazafellos non existen? Abofé que existen. E son ben graciosos e extravagantes. Descubre que aventuras lles pasaron a Mauro e Tiago cando coñeceron a Fede e o seu mundo se revolucionou. Xa están dispoñibles na nosa biblio.


 

martes, 11 de xaneiro de 2022

LECTORA DO MES DE DECEMBRO

 Celia Galiano Outón