xoves, 27 de decembro de 2012

Felices festas!

A dirección e o equipo de Biblioteca do CEIP ESPEDREGADA queren desexarvos unhas felices festas e  un feliz aninovo!















GUÍA DE LECTURA NADAL 2012, DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE A CORUÑA





mércores, 26 de decembro de 2012

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Como chega o Nadal, que é tempo de lecer e de ler, aquí vos deixo as recomendacións de lectura, que levan un pouquiño de todo e son para todos. Feliz 2013!!

Educación Infantil:

TÍTULO: Un libro
AUTOR: Herve Tullet
EDITORIAL: Kókinos
O autor, licenciado en Belas Artes, invitanos a xogar coas súas ilustracións e a ver o libro dun xeito moi distinto ao que estamos acostumados. Trátase dun libro interactivo que comeza coa seguinte instrución: “pulsa sobre o círculo amarelo”...



TÍTULO: Unha casa a medida

AUTOR: Daniela Kulot
EDITORIAL: Kalandraka
Daniela Kulot é unha recoñecida pintora, ilustradora e deseñadorae, desde 1999, tamén é profesora de debuxo.
Os protagonistas son unha parella atípica de namorados que deciden ir vivir xuntos. Con un pouco de enxeño e grandes doses de humor terán que vencer os problemas resultantes da convivencia. A tolerancia, a familia e o respecto son algúns dos valores que se traballan neste libro.

1º ciclo de Educación Primaria:

TÍTULO: El fantasma que odiaba las matemáticas
AUTOR: Rafael Ortega de la Cruz
EDITORIAL: Nivola

O autor, mestre, decidiu escribir varios libros sobre as matemáticas para facelas máis amenas e divertidas para os alumnos. Neste caso, a protagonista é Lucía,  unha nena de sete anos, que odia as matemáticas. Unha noite escoitauns choros na súa habitación e decide investigar dentro do seu armario. Alí descubre a Bruno...




TÍTULO: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
AUTOR: Chema Heras (texto) e Kiko Dasilva (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka

Chema Heras é profesor de inglés en Cambados. 
Este conto é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno acerca deste acontecemento tan especial.
O pai de Martiño avisarao de que “os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos” pero a medianoite a Martiño entráronlle unhas enormes ganas de mexar…

2º ciclo de Educación Primaria: 


TÍTULO: Nacer. Animais Extraordinarios
AUTOR: Xulio Gutiérrez (texto) e Nicolás Fernández (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka 
X.Gutiérrez é profesor e autor de máis de vinte libros sobre natureza.

Nacer é un libro ameno e de grande atractivo  visual no que o autor, ofrece información dosificada de diversos animais como o cabaliño de mar ou o bonobo. Nacer é o segundo volume desta colección de animais  extraordinarios. 



TÍTULO: Los despistes de Spider
AUTOR: Alan Durant
EDITORIAL: Alfaguara


Spider está demasiado ocupado soñando. Coa súa mente ocupada, sempre vai dous pasos por detrás dos seus amigos. Sen embargo, ten un especial talento xogando ao fútbol ou na obra de teatro do colexio.

3º ciclo de Educación Primaria:

TÍTULO: Rita y el secreto de la piedra negra
AUTOR: Mikel Valverde
EDITORIAL: Macmillán


Rita atópase nunha expedición en Libia cando unha serpe pica aún dos seus compañeiros. Como non teñen menciñas, deciden buscar un remedio natural. A partir de aquí comeza unha apasionante viaxe por África na cal non faltará o humor, a solidariedade e a ambición.
Valverde, licenciado en Belas Artes, é o autor e ilustrador desta colección chamada El mundo de Rita. 



TÍTULO: Querido hijo: estás despedido
AUTOR: Jordi Sierra i Fabra
EDITORIAL: Alfaguara


Pode unha nai despedir ao seu fillo? Pois iso é o que lle ocorreu a Miguel por desordenado, traste e desobediente. De nada serven as promesas, Miguel deberá abandonar a súa casa en menos de trinta días. 

TÍTULO: Contos por teléfono
AUTOR: Gianni Rodari
EDITORIAL: Kalandraka


Obra maxistral de Gianni Rodari (político, pedagogo e profesor italiano de fama mundial) composta por setenta relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO 2011. 




Lectora do mes: Noa García


Xa temos lector do mes de decembro: Noa García de primeiro curso. Aquí tedes a entrevista que lle fixen a semana pasada: 

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
NOA: Chámome Noa e teño 6 anos. 
LEO: En que curso estás?
NOA: En primeiro de primaria. 
LEO: E cal é teu libro preferido?
NOA: Los mejores cuentos ("Los mejores cuentos de Gloria Fuertes". Editorial Susaeta)
LEO: Estás lendo algún libro agora?
NOA: Sí, un dos Bolechas. 
LEO: Que lle dirías aos teus compañeiros para que fosen á biblioteca cole?
NOA: Chicos! Vinde! Que hai libros moi interesantes. 
LEO: Por que cres que se debe ler moito?
NOA: Porque é bo ler moito e porque así aprendes moitas cousas. 
LEO: Para rematar, que pensas da biblioteca do cole?, Botas algunha cousa en falta?, Pensas que se pode mellorar algo?, Que che gustaría facer na biblio? 
NOA: Sí, mirar no ordenador unha cousa chuli. 
LEO: Moitas grazas Noa!!


xoves, 13 de decembro de 2012

Biblioteca Municipal de Poio

A Biblioteca Municipal de Poio ten en marcha varias iniciativas para este mes. 
A primeira delas é unha Lotería de Libros que se rifará entre os usuarios que este mes de decembro collan algún préstamo. A cesta de libros está composta por obras literarias, cómics e CD e o sorteo levárase a cabo o próximo venres día 21. 
A segunda actividade será a entrega dun premio aos Lectores do ano. Neste caso, entregarase un lote de libros aos usuarios (infantíl e adulto) que máis exemplares demandaran da biblioteca en todo o 2012. 
Desde a biblio de Espedregada, animámosvos a participar nestas actividades!!

mércores, 12 de decembro de 2012

Declaración e Dereitos Humanos

Neste 10 de decembro suxerimos as seguintes lecturas:

Primeiros lectores:
Os nosos dereitos de Maria Joao Carvalho





Lectores avanzados:
Tengo derecho a ser niño de Alain Serres

*

Lectores expertos:
Dereitos do neno e da nena de Pepe Carreiro















luns, 3 de decembro de 2012

Lector do mes: Nerea Medrano!

Xa temos lector do mes de novembro: Nerea Medrano de segundo curso. Aquí tedes a entrevista que lle fixen a semana pasada: 

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
NEREA: Chámome Nerea Medrano e teño sete anos. 
LEO: En que curso estás?
NEREA: En segundo de primaria. 
LEO: Cales son os libros que máis che gustan?
NEREA: Os de amor e os de animais. 
LEO: E cal é teu preferido?
NEREA: O que estou lendo agora: "Se vende papá" (de Care Santos, editorial SM). 
LEO: Que lle dirías aos teus compañeiros para que fosen á biblioteca cole?
NEREA: Que hai cousas moi interesantes. 
LEO: Por que cres que se debe ler moito?
NEREA: Porque aprendes máis cousas. 
LEO: Para rematar, que pensas da biblioteca do cole?, Botas algunha cousa en falta?, Pensas que se pode mellorar?, Que che gustaría facer na biblio? 
NEREA: Non se me ocorre, gústame así. 
LEO: Moitas grazas Nerea!!