domingo, 28 de febreiro de 2021

CONCURSO DE POESÍA

Ola a todos/as!!

Comezamos un mes novo, cheo de celebracións. Nesta ocasión quero informarvos dun concurso literario para festexar o 

DÍA DA POESÍA, que se celebra o vindeiro 21 de marzo. 

Como sabedes, en 1998 a organización UNESCO propuxo celebrar esta data co propósito de fortalecer a cultura no noso planeta. 

Premede na imaxe para coñecer toda a información sobre este certamen.




                                                NON AGARDES MÁIS, 
                          ESRIBE O TEU POEMA E FESTEXA O DÍA!!

                                                                           

A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈

martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola lectores/as!!

O mércores, día 24 de febreiro celebramos o nacemento da nosa escritora máis recoñecida: 

                 Rosalía de Castro

Rosalía é unha poeta  que ten un amor infinito pola nosa terra, comprometida coas inxustizas e reivindicadora da igualdade. É unha gran defensora da lingua e do patrimonio inmaterial: as fontes, o mar, o campo...

Coma recoñecemento á súa obra, o Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio porque foi cando se publicou o seu poemario "Cantares Galegos", obra  estrela da literatura galega.

Para celebrar o día do seu nacemento, todo o noso alumnado,  colaborou na elaboración dun  fantástico audioconto, no que se relata a súa biografía. Está feito cos seus debuxos e relatado coas súas voces. Premede na imaxe para visionalo.




Así mesmo, o alumnado de 3º curso de Primaria recítanos outro poema de Rosalía, "Un repoludo gaiteiro". Non deixedes de velo porque o fan fenomenal!



Queredes poñer en práctica todo o que aprendestes sobre a vida e obra de Rosalía?  Pois a xogar.... 



               



Por último, déixovos esta marabillosa canción, baseada no poema de Rosalía de Castro,  "Alborada", que está recollido no libro "Rosalía pequeniña", de Uxía, o cal atoparedes na nosa biblioteca. 



A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈

sábado, 13 de febreiro de 2021

14 DE FEBREIRO, DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade, un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade, aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.


O alumnado de 3º de Primaria puxo as súas voces a un marabilloso libro  que fala das palabras que chegan ao corazón. Hai palabras que che fan chorar e palabras que che fan rir. O mundo pode ser un lugar mellor  grazas ás palabras que escolles dicir. "Un fermoso libro cunha historia poderosa que chega a todas as xeracións". Non deixedes de escoitalo.

Palabras con corazón

Ademais, na Biblioteca temos a sorte de contar con numerosos contos  relacionados con esta temática. Aquí tendes unha mostra.



E para que podades gozar dunha sesión de cine en familia, propóñovos as seguintes curtas que tratan sobre o amor. 


Os teus pensamentos son poderosos. Ten coidado porque pódense facer realidade e non sempre che gustarán !  Prestade moita atención a esta curta que vos fará reflexionar:
 "Amor de irmás"


Agardo que vos guste. 

Feliz día do Amor e da Amizade a todas e todos!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

xoves, 4 de febreiro de 2021

LECTORA DO MES DE XANEIRO

Ola a todos/as!!

Xa temos  nova lectora do mes de xaneiro. Nesta ocasión temos que  felicitar a unha  alumna do último curso de primaria:

Candela da Silva
 


Desexades saber cales son os seus gustos lectores e moitas cousas máis 
 Prestade atención  á súa entrevista.

                                        Entrevista  

Fada: Candela, parabéns! Fuches a lectora do mes, esperábalo?

Candela:  A verdade é que lin moitos libros neste mes e cabía a posibilidade. Estou moi contenta porque nunca fora a lectora do mes.

Fada: Poderíasnos dicir calou cales son os teus libros favoritos?

Candela: Gústanme moito os libros da colección de "Tea Stilton”. Son libros de  aventuras fantásticas  e misterio. Ademais os que son pequenos se len rapidamente. Tamén a colección de "Los cinco" de Enid Blyton.

Fada:  Cal foi o último libro que adquiriches?

Candela:  Papá Noel tróuxome  o libro “O Segredo das Fadas do Lago”,  da mesma colección. 

Fada: Poderíasnos dicir de que trata?

Candela: Está inspirado en lendas celtas antigas onde as mozas do Tea Club viven aventuras máxicas.

O mítico Mundo de Erin está en perigo. Para salvalo, elas terán que demostrar o seu valor e resolver os enigmas das fadas. Gnomos, elfos e animais máxicos axudaranlles, pero terán que defenderse de trasgos irritantes e ogros terribles.

Fada: A verdade é que resulta moi interesante que este inspirado en nosos orixes celtas. Pedirémolo na nosa caixa de suxestións. E a ti, que te leva a ler?

Candela: Cando leo un libro, síntome como se fora un dos seus personaxes que está vivindo esas aventuras.

Fada: Estou totalmente de acordo contigo. Un libro permítenos imaxinar e mergullarnos nun mundo de fantasía. Por certo, que prefires ler, libros en galego ou en castelá?

Candela: Os libros en castelá porque coñezo máis vocabulario.  

Fada: ntaslle algún conto a túa irmá pequena, Adriana?

Candela: Ás veces, ... eu leo con ela cando teño tempo polas noites.

Fada: Como me gusta escoitar que ler tamén serve para pasar momentos compartidos coa familia e ... canto tempo che leva ler un libro?

Candela: Un libro enteiro podo tardar dous ou  tres días en lelo. 

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Candela: Non adoito ler revistas, ... ás veces  leo algunhas de animais  ou de cociña, posto que me gusta facer receitas.

Fada:  Ummm..Seguro que fas  unhas receitas  deliciosas,  e ... que é o que máis che gusta da nosa biblioteca?

Candela: Todos os libros interesantes que ten, como están ordenados e a decoración. Ademais,  outra das cousas que me encantan, é a mochila viaxeira. Conten xogos educativos moi divertidos e os libros tamén son moi interesantes, aínda que as "pelis" non tiven tempo de velas.

Fada:  Moitas grazas pola túa entrevista, Candela. Espero que sigas amosando ese interese pola lectura, e nunca deixes de ler. 

Candela: Graciñas. Ata logo!


A Fada Acaramelada.


 Todvai saír ben! 🌈