Ola lectores/as!!
O mércores, día 24 de febreiro celebramos o nacemento da nosa escritora máis recoñecida:
Rosalía de Castro
Rosalía é unha poeta que ten un amor infinito pola nosa terra, comprometida coas inxustizas e reivindicadora da igualdade. É unha gran defensora da lingua e do patrimonio inmaterial: as fontes, o mar, o campo...
Coma recoñecemento á súa obra, o Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio porque foi cando se publicou o seu poemario "Cantares Galegos", obra estrela da literatura galega.
Para celebrar o día do seu nacemento, todo o noso alumnado, colaborou na elaboración dun fantástico audioconto, no que se relata a súa biografía. Está feito cos seus debuxos e relatado coas súas voces. Premede na imaxe para visionalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario