Ola a todos/as!!
Candela: A verdade é que lin moitos libros neste mes e cabía a posibilidade. Estou moi contenta porque nunca fora a lectora do mes.
Fada: Poderíasnos dicir calou cales son os teus libros favoritos?
Candela: Gústanme moito os libros da colección de "Tea Stilton”. Son libros de aventuras fantásticas e misterio. Ademais os que son pequenos se len rapidamente. Tamén a colección de "Los cinco" de Enid Blyton.
Fada: Cal foi o último libro que adquiriches?
Candela: Papá Noel tróuxome o libro “O Segredo das Fadas do Lago”, da mesma colección.Fada: Poderíasnos dicir de que trata?
Candela: Está inspirado en lendas celtas antigas onde as mozas do Tea Club viven aventuras máxicas.
O mítico Mundo de Erin está en perigo. Para salvalo, elas terán que demostrar o seu valor e resolver os enigmas das fadas. Gnomos, elfos e animais máxicos axudaranlles, pero terán que defenderse de trasgos irritantes e ogros terribles.
Fada: A verdade é que resulta moi interesante que este inspirado en nosos orixes celtas. Pedirémolo na nosa caixa de suxestións. E a ti, que te leva a ler?Candela: Cando leo un libro, síntome como se fora un dos seus personaxes que está vivindo esas aventuras.
Fada: Estou totalmente de acordo contigo. Un libro permítenos imaxinar e mergullarnos nun mundo de fantasía. Por certo, que prefires ler, libros en galego ou en castelá?
Candela: Os libros en castelá porque coñezo máis vocabulario.
Fada: Cóntaslle algún conto a túa irmá pequena, Adriana?
Candela: Ás veces, ... eu leo con ela cando teño tempo polas noites.
Fada: Como me gusta escoitar que ler tamén serve para pasar momentos compartidos coa familia e ... canto tempo che leva ler un libro?
Candela: Un libro enteiro podo tardar dous ou tres días en lelo.
Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?
Candela: Non adoito ler revistas, ... ás veces leo algunhas de animais ou de cociña, posto que me gusta facer receitas.
Fada: Ummm..Seguro que fas unhas receitas deliciosas, e ... que é o que máis che gusta da nosa biblioteca?
Candela: Todos os libros interesantes que ten, como están ordenados e a decoración. Ademais, outra das cousas que me encantan, é a mochila viaxeira. Conten xogos educativos moi divertidos e os libros tamén son moi interesantes, aínda que as "pelis" non tiven tempo de velas.
Fada: Moitas grazas pola túa entrevista, Candela.
Candela: Graciñas. Ata logo!
A Fada Acaramelada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario