Ola nen@s!! Son Leo:
Arestora moitos de vós xa estades disfrutando dunhas merecidísimas vacacións. Despois de tantos días de traballo e esforzo, de alegrías e bos ratos, supoño que estabades desexando que este día chegara; pois ben, xa está aquí!!!
Agora temos tempo para descansar, estar cos amig@s, pasear, viaxar, ir á praia e infinidade de cousas máis.
Pensade tamén que na lectura e nos libros podemos atopar fermosas historias que nos poden facer pasar bos ratiños e, incluso, transportarnos a lugares lonxanos viaxando co poder da imaxinación.
Así que non vos esquezades de ler moito: libros, revistas, guías de viaxe, letreiros, carteis... todo vale se se aprende algo.
Moitas gracias a tod@s os que nos seguistes e participastes coas vosas opinións; un bico especial a Nerea que sabemos que é a nosa seguidora "number one", outro para a profe Montse e aos alumn@s de 3º, tamén para Loly (nai de María) polo seu apoio, a Pracer (coordinadora da Biblioteca de Salcedo) polo seu ánimo e agarimo, ao Equipo da biblioteca e o tod@s os mestr@s e alumn@s que participaron nas actividades que se programaron durante este curso 2009-10.
Apertas e bicos a tod@s e a pasalo ben!!