luns, 10 de decembro de 2018

EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS


 Este curso e, para facilitar o traballo de busca de fondos temáticos ou axeitados para o desenvolvemento de proxectos, contidos de aula, celebracións,etc., o Equipo de Biblioteca estamos a facer seleccións de fondos que colocamos nos expositores xa reservados para esta actividade.


   En primeiro lugar, fixemos unha selección de fondos para o Samaín, orientada a todas as idades e gustos; e, actualmente, temos catro seleccións á disposición dos lectores e lectoras:


1. Libros de Psicopedagoxía.

2. Libros para desenvolver o Proxecto das Emocións.

3. Libros que fomentan valores e boa convivencia.

















E, unha cuarta exposición, no exterior (Baúl dos libros), onde temos fondos con temática de Nadal.





Podedes pedir información e aproveitar para facer tamén suxerencias de futuras compras.



Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos que sexan do voso agrado!!


LECTOR/A DO MES

   Ola lectores e lectoras!
 Informarvos que, o lector/a do mes de novembro, volve a recaer nunha alumna da clase de 1º: Lúa M. C. 

   Queremos felicitala enormemente, porque coa súa presenza cada día na biblioteca e  a paixón que transmite pola lectura, serve de exemplo e modelo a seguir.

 Esta boa nova é compartida por toda a comunidade escolar.









                                    MOITAS FELICIDADES LÚA...SEGUE ASÍ!!

mércores, 21 de novembro de 2018

CHEGARON AS NOVIDADES

   Estes días, estamos a recibir as novas adquisicións para a biblioteca do cole. Adquisicións, que veñen suxeridas polos lectores que, coas súas aportacións e gustos, axudan a manter actualizados os fondos dun xeito equitativo.

Dentro destas novidades, podemos destacar documentos escritos (contos, cómics, novela, poesía,...), material audiovisual (películas, series, música,...), libros informativos (biografías, pedagóxico-didácticos relacionados co proxecto deste curso:"As Emocións",...).

Queremos tamén agradecer as doazóns que, desinteresadamente, facedes á nosa biblioteca.

Moitas grazas a tod@s!

Botádelle unha ollada a ver que vos parecen:












domingo, 18 de novembro de 2018

Actividades: "Hora de Ler"

   Este curso, dende a biblioteca, organizamos a "Hora de ler"con propostas de actividades, programadas do seguinte xeito:

Luns:
LECTURA INDIVIDUAL SILENCIOSA. (LIBRO PREFERIDO).

Martes:
REALIZACIÓN DE FICHAS DE COMPRENSIÓN. (TRABALLO COLECTIVO).

Mércores:
CONTACONTOS (MESTRA/ALUMN@S). Itinerario lector.

Xoves:
EXPRESIÓN ARTÍSTICA. (LECTURAS/OBRADOIROS).

Venres: 
PRENSA (ESCRITA/DIXITAL).

   Así, as aulas poden traballar, cada día da semana, lecturas con distintas dinámicas e abarcar máis áreas do coñecemento; ademais de aproveitar mellor estes 20 minutos de lectura.

 A continuación, podemos ver como son estas actividades e algunhas das producións:



CONTACONTOS NAS AULAS.
(INFANTIL).






MURAIS PARA A BIBLIOTECA
(ALUMN@S DE 3º).




LECTO-ESCRITURA EN DISTINTOS FORMATOS.
(ALUMNOS DE 6º).

EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS DAS LECTURAS.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS ALUMN@S.
(AULA DE 1º/2º)




MURAIS CON DEBUXOS ALUSIVOS A UNHA BIBLIOTECA IDEAL (AULA DE INGLÉS).










  

Buscando a "Leo"

   Durante a Semana das Bibliotecas, o Equipo de dinamización, preparou unha actividade que titulamos: "Buscando a Leo".
   
  A actividade estivo dirixida a todo o alumnado do centro que, por clases e, en pequenos grupos, debían atopar, coa axuda de pequenas pistas, os "Leos" de distintas cores (previamente pintados, recortados e plastificados polos alumnos e alumnas dos Obradoiros), agochados nas tres salas da biblioteca.
  Había Leos vermellos, verdes, amarelos e das tres cores á vez.
   
  O premio final para tod@s, foi una gomiña de borrar con forma de libro.

   A actividade resultou moi divertida e gratificante para tod@s; así que esperamos repetir.

  De seguido, podedes ver unha pequena reportaxe para que vos fagades unha idea:


















       





       



Axiña organizaremos máis...

domingo, 11 de novembro de 2018

Lector/a do mes

Ola de novo! 
           Como xa sabedes, cada mes publicamos neste blog, o lector ou lectora máis asidu@ da biblioteca do cole.
   Esta vez, no mes de outubro, a primeira lectora deste curso, resultou ser unha alumna de 1º de Primaria: Lúa M. C.




















NORABOA LÚA!!


     
   



xoves, 25 de outubro de 2018

EXPRESÁMONOS


   DESPOIS DOS CONTACONTOS, TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS, EXPRESAMOS A NOSA CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN CON DEBUXOS, CORES, PALABRAS...



  OS MÁIS PEQUENOS, CONFECCIONARON UNHA CARETIÑA CO PERSONAXE  DA FILLA DO GRÚFALO...


 



  ...E OS MAIORES, LIBREMENTE, A TRAVÉS DUNHA FICHA,  A HISTORIA DE REBECA, A VAMPIRA.




ASÍ QUEDARON DE ORIXINAIS!!





CONTACONTOS


     UNHA DAS ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS EMOCIONAN,  SON OS CONTACONTOS E, SOBRE TODO, OS DE SAMAÍN.

    O MARTES 23, A MESTRA MARTA, PRESENTOUNOS DOUS LIBROS PRECIOSOS, QUE NOS FIXERON SENTIR MOITOOOOOO MEDOOOOOO!

     NA PRIMEIRA SESIÓN, O ALUMNADO DE INFANTIL, 1º E 2º DISFRUTARON DA SÚA FORMA ESPECIAL DE CONTAR HISTORIAS, ESTA VEZ, O LIBRO TITULÁBASE: "A  FILLA DO GRÚFALO" (JULIA DONALDSON): UN PERSONAXE MOI SIMPÁTICO E CURIOSO QUE... TENDES QUE LELO!



  





 NA SEGUNDA SESIÓN, PARA O RESTO DO COLE, O LIBRO TITULADO: "DETRÁS DE TI"(MANUEL ALONSO). ESTE ERA MOI TENEBROSO E DABA UN MEDO ARREPIANTE, SON SETE CONTOS MISTERIOSOS E INQUIETANTES QUE...TAMÉN HAI QUE LER!



















   AS HISTORIAS LIDAS A ESCURAS, CON VELAS E CON MÚSICA DE MISTERIO SON MÁIS TERRORÍFICAS SE CABE... 






  MOITAS GRAZAS, PROFE MARTA!!

        

         

   



   

MÁIS ACTIVIDADES

 
   OUTRA DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS PARA CONMEMORAR ESTA DATA, A TITULAMOS: "O MEU LIBRO FAVORITO".

  AQUÍ OS ALUMNOS E ALUMNAS DEBÍAN ESCOLLER AQUEL "LIBRO ESPECIAL" QUE, POR ALGUNHA RAZÓN,  É O "FAVORITO" DE ENTRE OUTROS MOITOS.

  ADEMAIS, TIÑAN QUE ILUSTRAR A PORTADA NUNHA FICHA, EN FORMA DE LIBRO, DECORALA E ESCRIBIR POR DENTRO, UN PEQUENO RESUMO DO ARGUMENTO.

    TAMÉN TROUXERON OS LIBRIÑOS QUE ESTÁN COLOCADOS NO BAÚL DOS PEQUENOS TESOUROS, NA ENTRADA DA BIBLIO.

                                                   ESTE FOI O RESULTADO:







CONMEMORANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS

   OLA QUERIDOS LECTORES E LECTORAS!


   COMO SABEDES MOI BEN, FAI DÍAS QUE LEVAMOS PREPARANDO UNHA DATA SINALADA PARA OS AMANTES DA LECTURA, COMO É O 24 DE OUTUBRO: "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS".

   DENDE A BIBLIOTECA, ORGANIZÁRONSE DISTINTAS ACTIVIDADES, PARA FOMENTAR O GUSTO POLA LECTURA DO NOSO ALUMNADO, TRATANDO DE TRABALLAR AS DISTINTAS EXPRESIÓNS E LINGUAXES, QUE AXUDAN A DESENVOLVER MELLOR AS COMPETENCIAS BÁSICAS, ADEMAIS DE TOMAR CONCIENCIA, DO IMPORTANTE QUE É A BIBLIOTECA COMO RECURSO NA VIDA ESCOLAR.

   ENTRE ELAS, DESTACAMOS A ELABORACIÓN  DUN CARTEL TITULADO: "EXPRES-ARTE" ONDE OS LECTORES TIÑAN QUE COMPLETAR CON DEBUXOS, PALABRAS, FRASES, ORACIÓNS... O ENUNCIADO: "A BIBLIOTECA DO COLE É..."

             ESTÁ COLOCADO NA ENTRADA DA BIBLIO QUE QUEDOU ASÍ DE BONITO: