venres, 29 de outubro de 2021

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, e nos rendimoslle homenaxe con este vídeo a nosa biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do cole, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón.

  

martes, 26 de outubro de 2021

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Como todos os anos, dende a biblioteca de " A Fada Acaramelada", queremos saber que cousiñas botades en falta e que novos materiais vos gustaría que mercásemos. Por favor, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! 

PREME NA IMAXE, para accder ao formulario. 



 

xoves, 7 de outubro de 2021

INAGURACIÓN DE "UNHA BIBLIOTECA DE CINE"


Este venres día 1 de outubro puxemos a andar por todo o alto a nosa biblioteca. Como este ano o noso proxecto de centro vai de cine, a fada acaramelada estendeu a alfombra vermella para una presentación estelar.
Entre cámaras e micros un a un fomos pasando polo "photocall" e pasámolo xenial.