mércores, 25 de novembro de 2020

25 NOVEMBRO- DÍA CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres así como o respecto aos demais, independentemente de si temos as mesmas opinións, sexo, idade,relixión...

O día conmemora o asasinato das irmás Mirabal en 1960, coñecidas como "As Bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa.


Dende o equipo de Biblioteca  non queríamos deixar pasar o  25 N sen pararnos uns intres en reflexionar arredor da importancia de educar en igualdade. Se ben é certo que o traballamos, na nosa rutina ao longo do curso, nestes días o facemos con máis mimo e profundidade. 

Desde infantil ata primaria todas e todos contribuíron co seu gran de area para seguir lembrando que este día debe ser todo o ano: de respecto e igualdade. Decoramos os corredores do colexio  con mans dispostas a construír un mundo mellor.




Porque as mans serven para outras cousas que no son pegar e facer dano; deben servir para coidar,  para axudar, para acariciar, para colaborar...

Ademais, temos a sorte de contar con numerosos contos na Biblio relacionados coa loita para Igualdade e o recoñecemento do traballo e o valor das mulleres.



No seguinte vídeo, os nenos e nenas de 1º e 2º expresaron claramente a importancia de educar para a igualdade e ten moi claro o que queren e non queren nas súas vidas.


Saúdos violetas!!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

sábado, 21 de novembro de 2020

DÍA 20 DE NOVEMBRO. DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase o día Universal da Infancia. En 1989, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, aprobou a Convención dos Dereitos da Infancia.

No seguinte vídeo ides aprender máis sobre este día, escoitade con atención.




Para celebrar este día, o alumnado de 4º e 5º de Primaria, quixo reivindicar algúns dos dereitos que debe ter cada neno e nena de calquera parte do mundo.
Escoitémoslles  porque teñen moito que contar e...fagamos realidade os seus dereitos.




E...lembrade, tedes o dereito e o deber máis importante do mundo: 

Ser felices!!!!


A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

mércores, 18 de novembro de 2020

MAGOSTO

Ola, bibliotecantes! 

Este ano celebramos o Magostodun xeito distinto ao de anos anteriores debido ás esixencias que nos impón o protocolo COVID. 

Velaquí unha presentación onde recollemos algunhas adiviñas, contos, poesías, historias e refráns sobre o Magosto, para que pasedes un rato entretido en familia.

Cara o final aparecen as cantigas e traballos  confeccionadas polas vosas familias e alumnado. Querémosvos agradecer a magnífica participación coa que axudamos a manter esta tradición de outono.

martes, 10 de novembro de 2020

LECTOR DO MES DE OUTUBRO

Ola de novo!!

Seguro que estades impacientes por saber quen foi o lector do mes de outubro. 
Pois ben, nesta ocasión temos que felicitar enormemente a Xabi G. de terceiro de primaria.
Desexades coñecelo un chisco máis?  Déixovos a súa entrevista.


Fada: Ola  Xabi!  Faiche ilusión ser o lector do mes?

Xabi: Si, porque non me lo esperaba.

Fada: Cal é o teu libro favorito?

Xabi: Gústanme moito os libros de medo. Un dos meus favoritos é "O gran libro do medo" e tamén   "O gran libro dos vampiros"

Fada: Canto tempo tardaches en ler o libro?

Xabi: Tres días.

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Xabi:  Si, encántanme as de súper heroes  e as de lego.

Fada:  Que outros materiais da biblioteca adoitas levar emprestados?

Xabi:  Películas, que tamén me encantan. 

Fada: E xa para rematar, que é o mellor da biblioteca para ti?

Xabi: Todos os libros que ten e as películas.

Fada: Moitas grazas Xabi. Agora os teus compañeiros/as máis eu coñecémoste un anaco máis. Ata logo!

Xabi: Chao!


A Fada Acaramelada,

 Todvai saír ben! 🌈