mércores, 22 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO


Como cada 23 de abril dende o 1988 celébrase a nivel internacional o Día do Libro e dos dereitos de autor. 

Este ano temos que celebralo dun xeito diferente. Aínda que esteamos na distancia, o vídeo que preparamos, queremos que vos faga sentir máis cerca neste día.

                                                     

Grazas á vosa participación, superastes o reto literario que vos propuxemos "Fame de palabras". Esperamos que sirva para facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as.

"Ler fainos únicos"


Os vosos compañeiros de 6º, tamén quixeron agasallarnos cun fantástico audiolibro que fixeron para conmemorar esta data, baseado no libro "Bailaremos baixo unha estrela" da autora Fernanda Rodríguez Muguruza. 

Un conto, moi de actualidade, cunha mirada de reflexión sobre a situación que estamos a vivir.


Moitas grazas, que bonito vos quedou!!

Algunhas familias achégannos algunhas propostas para ler nestes días.
Roi elixe "Animalotes"(Episodios 1 y 2), de Aaron Blabey; editado por Anaya.



Gústalle porque é moi divertido e expresivo, moi sinxelo de ler e cunhas ilustracións fantásticas. Non vos podedes perder as aventuras destes "Animalotes"!! Roi xa está desexando ler os seguintes episodios!!

Sara teno claro: "Busca que te busca Bichitos", editado por Usborne foi todo un descubrimento para ela.



E nunca mellor dito, porque se pode pasar horas descubrindo onde se agochan bolboretas, eirugas, abellas, escaravellos... Como di ela, un libro moi de primavera. 
 
Juan proponnos ler "Los asquerosos", de Santiago Lorenzo; editado por Blackie Books.


Cunha edición moi coidada, como todas as de Blackie, neste libro Santiago Lorenzo cóntanos a historia dun rapaz que ten un "encontronazo" cun policía. Entra en pánico e decide marchar a unha aldea na que non vive ninguén. Alí dáse conta de que pode vivir sen apenas nada. Todo contado cun ton de crítica á sociedade actual. 

Raquel D.quedou enfeitizada con "Terra", de Eloy Moreno (en formato libro electrónico).



Un libro que lle fixo reflexionar moito, cunha  temática que se adapta moito a estes días. Semella unha historia de ciencia ficción pero... e se hai aspectos que son moi, moi reais? Con "Terra" poderás pensar, reflexionar, mergullarte na historia que conta, viaxar, escoitar música e sorprenderte.

Para rematar a familia Alvés Díaz, agasállanos co libro " Te regalo un conto" de Jorge Gonzalvo e Cecilia Varela, editado por Lóguez.




É unha pequena gran obra de arte que se converteu nun dos seus libros indispensables, porque nos fai ver todo o que se regala cando agasallamos cun conto: emocións, imaxinación, amizade ... É un libro que nos lembra a importancia de soñar e de coidar ás pequenas cousas do día a día.

Moitas grazas a todos por recomendarnos tan boas lecturas!!

Non podiamos acabar sen aprender esta poesía de Gloria Fuertes. Titúlase "El señor don libro".

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.
Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
libros
esperando a que viniera… (a leerlo)
algún pequeño lector.
Don Libro era un tío sabio,
que sabía de Luna y de Sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.
Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el Libro entró en calor.
 
Quen é quen de aprendela? se vos atrevedes con este novo reto, podedes mandar os vosos vídeos recitándoa ou dramatizándoa.

Se pola contra,  preferides facer un caligrama escribindo o poema formando a silueta dun libro, podedes compartilos con nós enviándoos ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com 

Dende a ANPA, Cristina fixo este caligrama sobre a poesía proposta; é unha auténtica marabilla.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Todvai saír ben! 🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario