Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
A data coincide co día de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o cal foi o creador dalgúns contos clásicos infantís máis coñecidos en todo o mundo, como "O soldadiño de chumbo", "A sereíña" ou "O patiño feo" entre outros. Ademais os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas e algúns foron levados ao teatro e á gran pantalla.Para conmemorar este día, propoñémosvos que disfrutedes, todos xuntos na casa, destes contos clásicos de Andersen.
E para que pasedes un anaco entretido cantando, a profe Paula preparou este divertido conto sobre un can ao que lle gusta comer todo o que atopa. " El perro glotón".
Moitas grazas Paula, quedamos abraiados coa túa interpretación!!
Gustouvos? Se vos tamén queredes participar, e compartir con nos eses contos, libros de banda deseñada ou de información que vos gustan, podedes facer o seguinte:
Escolledes un libro, preparades ben a súa lectura, que poderá ser compartida coa vosa nai, pai, ou irmáns..., e incluso podedes engadir outros elementos: disfraces, monicreques, debuxos...
Unha vez que xa estea preparado, gravades en vídeo ( de arredor duns 3 minutos) a súa presentación, que podedes enviar ao seguinte enderezo:
bibliotecaespedregada@gmail.com
Deste xeito poderemos publicalos no blog e compartilos con toda a comunidade educativa.
Animádevos a participar!!
Todo vai saír ben! 🌈
Todo vai saír ben! 🌈
Bravooo, profe Paula!! Encantounos!!
ResponderEliminar