Ola de novo! Como estades?
Para facer máis amenos estes días na casa, Roi e a súa irmá Sara regálannos este audioconto sobre o libro "Que tal estás?" do autor Anthony Browne.
Nesta ocasión, fan unha versión moi entrañable e tenra deste libro, e ensínannos como expresar as nosas emocións a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes....
Que marabilla de audioconto!! Quedamos enfeitizados!!
Moitísimas grazas Roi e Sara pola vosa colaboración!
Aprendemos moito convosco.
Agardamos que vos guste e vos entreteña un chisco.
Todo vai saír ben! 🌈
Infórmate e colabora:
Aínda
que esteamos na casiña, queremos que a lectura continúe na
distancia.
Se
vós tamén queredes participar contándonos un conto, e compartilo con nos, podedes facelo pedindo
axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo
ao enderezo da biblioteca(bibliotecaespedregada@gmail.com)
Agardamos as vosas lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario