Comezamos o novo ano cos mellores desexos e un dos principais é que chegue a paz a tódolos lugares do mundo.
O 30 de xaneiro, celébrase o Día escolar da paz e da non violencia. Nesta data lémbrase a importancia da tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humans, a non violencia e a paz.
Este ano, a OMS ( Organización Mundial da Saúde) declara o ano 2020 como o Ano Internacional da Enfermería e a Parteira. As escolas asociadas da UNESCO co gallo desta celebración teñen como referente a Isabel Zendal, enfermeira do Hospital de Caridade da Coruña, a cal participou na Real Expedición Filantrópica de Vacina, coidando dos 22 nenos que levaron a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar.
Compartimos con vos as seguintes lecturas recomendadas de libros desta temática que podedes levar aos vosos fogares e saber máis sobre esta proeza incrible.
Dende o noso centro, conmemoramos esta data coa colaboración das nosas compañeiras da Casa Rosada, a través de diversas actividades.
Despois recitaron o poema, "La Paz" da autora á cal adicamos o proxecto da biblioteca, Gloria Fuertes.
Por último, rematamos cunha canción a ritmo de pandeiretas e aturuxos.
Esperamos que gocedes destas imaxes en familia e lembredes que.. vivir a paz é fenomenal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario