Sen
dúbida os contos xogan un papel importante no fomento da imaxinación e a
creatividade. Hoxe compartimos recursos para inventar e xogar cos contos.
Propóñovos algúns trucos para inventar contos cos vosos peques, xogos todos inspirados nas técnicas que
Rodari explica na súa "Gramática da fantasía".
O BINOMIO FANTÁSTICO
Como aseguraba
Rodari “Unha historia só pode nacer dun binomio fantástico”. Neste primeiro
xogo trátase de xogar ás parellas desemparelladas.
Propón aos teus fillos que escriba (ou diga e ti apúntaa) unha lista de, por exemplo, dez palabras ao azar. Fai ti o mesmo e pon as dúas listas, unha á beira da outra.
Descubriredes unhas combinacións do máis tolas e, o máis importante, seguro que algunha vos inspira para inventar algunhas historias.

CONTOS AO REVÉS
Démoslle a volta aos contos, pasémolos polo espello… garántovos horas de risa
incontrolable. Os nenos coñecen ben os contos de sempre e se llo explicamos ao
revés atoparedes nos clásicos un novo e estimulante xogo.
Na súa “Gramática” Rodari propuña unha Carapuchiña mala e un lobo bo; unha Cincenta descarada que facía rabiar ás súas medias irmás e a Brancaneves atopándose cuns xigantes no corazón do bosque.
Animádesvos cunha Rapuncel de pelo curto ou cun frautista de Hamelín que atrae ás ratas? Como será neste caso o "Erase unha vez"?
Se queredes escribir unha destas historias y compartila con nos, podédela enviar ao enderezo da biblioteca (bibliotecaespedregada@gmail.com) e publicarémola no noso blog.
Asemade, lembrámosvos que podedes seguir conseguindo "espedregadíes" se ledes un libro e completades a ficha de lectura que os deixamos a continuación:

Ningún comentario:
Publicar un comentario