Estes mandatos fixémolos de xeito acumulativo. O luns tivemos que traer a cabeza ataviada.
Mentres que o martes debiamos levar tamén os pés ben engalanados. Así e todo, o mércores mandounos traer decorado o pescozo.
Alumnado cumplindo os manadatos do noso Manolo |
O xoves 20, foi o noso día preferido, xa que puidemos vir cos nosos pixamas da casa. Tamén puidemos degustar unhas saborosas sobremesas de Entroido, grazas á xentileza das familias.
Por fin chegou o gran día! O venres 21 de febreiro, comezamos recitando o poema de Gloria Fuertes, "Concurso de disfraces", por todo o alumnado do centro.
Máis tarde, continuamos co desfile polas rúas da vila, dende o colexio ata a praza de Samieira.
Este ano festexamos o Entroido sobre a obra de Gloria Fuertes, e para homenaxear a esta escritora, dende os máis pequenos ata os maiores, disfrazáronse de personaxes da súa poesía.
Os rapaces maiores de sexto, exerceron de presentadores das actuacións e fixérono moi ben.
Os primeiros en actuar, foron os pequerrechos de infantil, os cales moveron os seus troncos ao son da Palmeira Palmira.
Os alumnos de 1º e 2º bailaron unha canción. Como bruxos e meigas viñeron disfrazados para tal celebración.
Chegou a quenda dos alumnos de 3º e 4º que moi "marchosos" contáronos cousas do pingüín emperador que nos fixeron flipar.
De arañas viñeron os compañeiros de 5º, elegantes, e con moito movemento. O seu foi un "remix" elixido por consenso.
Para rematar as actuacións, a rapazada de 6º, como mouchos e curuxas, representaron as súas mellores danzas, e conseguiron voar!
Foi un entroido moi fermoso, onde todos gozamos moitísimo e as actuacións do noso alumnado estiveron fantásticas. Queremos agradecer a colaboración e presencia no desfile polas rúas a toda a Comunidade Educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario