mércores, 21 de novembro de 2018

CHEGARON AS NOVIDADES

   Estes días, estamos a recibir as novas adquisicións para a biblioteca do cole. Adquisicións, que veñen suxeridas polos lectores que, coas súas aportacións e gustos, axudan a manter actualizados os fondos dun xeito equitativo.

Dentro destas novidades, podemos destacar documentos escritos (contos, cómics, novela, poesía,...), material audiovisual (películas, series, música,...), libros informativos (biografías, pedagóxico-didácticos relacionados co proxecto deste curso:"As Emocións",...).

Queremos tamén agradecer as doazóns que, desinteresadamente, facedes á nosa biblioteca.

Moitas grazas a tod@s!

Botádelle unha ollada a ver que vos parecen:












domingo, 18 de novembro de 2018

Actividades: "Hora de Ler"

   Este curso, dende a biblioteca, organizamos a "Hora de ler"con propostas de actividades, programadas do seguinte xeito:

Luns:
LECTURA INDIVIDUAL SILENCIOSA. (LIBRO PREFERIDO).

Martes:
REALIZACIÓN DE FICHAS DE COMPRENSIÓN. (TRABALLO COLECTIVO).

Mércores:
CONTACONTOS (MESTRA/ALUMN@S). Itinerario lector.

Xoves:
EXPRESIÓN ARTÍSTICA. (LECTURAS/OBRADOIROS).

Venres: 
PRENSA (ESCRITA/DIXITAL).

   Así, as aulas poden traballar, cada día da semana, lecturas con distintas dinámicas e abarcar máis áreas do coñecemento; ademais de aproveitar mellor estes 20 minutos de lectura.

 A continuación, podemos ver como son estas actividades e algunhas das producións:



CONTACONTOS NAS AULAS.
(INFANTIL).






MURAIS PARA A BIBLIOTECA
(ALUMN@S DE 3º).




LECTO-ESCRITURA EN DISTINTOS FORMATOS.
(ALUMNOS DE 6º).

EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS DAS LECTURAS.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS ALUMN@S.
(AULA DE 1º/2º)




MURAIS CON DEBUXOS ALUSIVOS A UNHA BIBLIOTECA IDEAL (AULA DE INGLÉS).










  

Buscando a "Leo"

   Durante a Semana das Bibliotecas, o Equipo de dinamización, preparou unha actividade que titulamos: "Buscando a Leo".
   
  A actividade estivo dirixida a todo o alumnado do centro que, por clases e, en pequenos grupos, debían atopar, coa axuda de pequenas pistas, os "Leos" de distintas cores (previamente pintados, recortados e plastificados polos alumnos e alumnas dos Obradoiros), agochados nas tres salas da biblioteca.
  Había Leos vermellos, verdes, amarelos e das tres cores á vez.
   
  O premio final para tod@s, foi una gomiña de borrar con forma de libro.

   A actividade resultou moi divertida e gratificante para tod@s; así que esperamos repetir.

  De seguido, podedes ver unha pequena reportaxe para que vos fagades unha idea:


















       





       



Axiña organizaremos máis...

domingo, 11 de novembro de 2018

Lector/a do mes

Ola de novo! 
           Como xa sabedes, cada mes publicamos neste blog, o lector ou lectora máis asidu@ da biblioteca do cole.
   Esta vez, no mes de outubro, a primeira lectora deste curso, resultou ser unha alumna de 1º de Primaria: Lúa M. C.




















NORABOA LÚA!!