Amosando publicacións coa etiqueta Co noso Concello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Co noso Concello. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN (CASTELAO E SIRO LÓPEZ)


30 DE XANEIRO


O 30 de xaneiro é unha data moi especial, para nós, porque non só conmemoramos o ¨DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ¨ senón que as bibliotecas de Galicia tamén celebramos o "DÍA DA ILUSTRACIÓN",  que, cada ano, celebra a CASTELAO

Ademais, dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e especificamente dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, adícase, cada ano, esta data a un persoeiro relacionado con esta arte. Este ano, 2026, o homenaxeado é o caricaturista SIRO LÓPEZ. 

Velaquí o VÍDEO CONMEMORATIVO!
 (preme no nome)


Aquí podes ver o noso RECUNCHO (aínda que xa voaran algúns libros!)



En colaboración co CONCELLO DE POIO, embarcámonos na actividade proposta.

Velaquí a publicación da actividade, na "VOZ DA SERPE" (preme, para velo!).

"AS TETEPAZ: AS TETEIRAS DA PAZ QUE FAN COMUNICACIÓN "

O obxectivo foi dar valor á comunicación entre as persoas. Nun mundo onde, a miúdo, nos sentimos desconectados e illados, é importante lembrar que a comunicación é fundamental para construír pontes e fortalecer as nosas relacións.

Eliximos as teteiras como símbolo desa comunicación. Compartimos os nosos pensamientos, sentimentos, historias, risos e ata experiencias nun momento de tranquilidade.

As teteiras son a excusa para xuntarnos e compartir.... Cada teteira vén sendo o corazón de cada persoa que enchemos da calor das emocións e pensamentos, e logo, servímola aos demais, facilitando a comunicación. Non só se trata de falar, senón tamén de escoitar, observar, entender e ser persoas empáticas.

Tomar té axúdanos a relaxarnos e a calmar a nosa mente e corpo.... É un xeito de desconectar deste mundo tolo. Ese momento de calma propicia a lembranza das cosas boas que pasan na vida, e valorar a fortuna que temos por ter todo o que necesitamos. Espertamos e cultivamos a actitude de agradecemento e de valorar as pequenas cosas que nos dan felicidade.

Beber o té da paz renovará a nosa enerxía e fará que nos sintamos máis vitais. Esa é precisamente a sensación que máis necesitamos, porque, neste mundo, hai moitas cousas que precisan un cambio urxente. E nós, novos e maiores, somos a voz e a acción para provocar ese cambio que o mundo necesita.

Tamén, realizamos un mural: "A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" (xa aparece na VOZ DA SERPE).