30 DE XANEIRO
O 30 de xaneiro é unha data moi especial, para nós, porque non só conmemoramos o ¨DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ¨ senón que as bibliotecas de Galicia tamén celebramos o "DÍA DA ILUSTRACIÓN", que, cada ano, celebra a CASTELAO.
Ademais, dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e especificamente dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, adícase, cada ano, esta data a un persoeiro relacionado con esta arte. Este ano, 2026, o homenaxeado é o caricaturista SIRO LÓPEZ.
Velaquí o VÍDEO CONMEMORATIVO!
(preme no nome)
Aquí podes ver o noso RECUNCHO (aínda que xa voaran algúns libros!)
En colaboración co CONCELLO DE POIO, embarcámonos na actividade proposta.
Velaquí a publicación da actividade, na "VOZ DA SERPE" (preme, para velo!).
"AS TETEPAZ: AS TETEIRAS DA PAZ QUE FAN COMUNICACIÓN "
O obxectivo foi dar valor á comunicación entre as persoas. Nun mundo onde, a miúdo, nos sentimos desconectados e illados, é importante lembrar que a comunicación é fundamental para construír pontes e fortalecer as nosas relacións.
Eliximos as teteiras como símbolo desa comunicación. Compartimos os nosos pensamientos, sentimentos, historias, risos e ata experiencias nun momento de tranquilidade.
As teteiras son a excusa para xuntarnos e compartir.... Cada teteira vén sendo o corazón de cada persoa que enchemos da calor das emocións e pensamentos, e logo, servímola aos demais, facilitando a comunicación. Non só se trata de falar, senón tamén de escoitar, observar, entender e ser persoas empáticas.
Tomar té axúdanos a relaxarnos e a calmar a nosa mente e corpo.... É un xeito de desconectar deste mundo tolo. Ese momento de calma propicia a lembranza das cosas boas que pasan na vida, e valorar a fortuna que temos por ter todo o que necesitamos. Espertamos e cultivamos a actitude de agradecemento e de valorar as pequenas cosas que nos dan felicidade.
Beber o té da paz renovará a nosa enerxía e fará que nos sintamos máis vitais. Esa é precisamente a sensación que máis necesitamos, porque, neste mundo, hai moitas cousas que precisan un cambio urxente. E nós, novos e maiores, somos a voz e a acción para provocar ese cambio que o mundo necesita.
Tamén, realizamos un mural: "A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" (xa aparece na VOZ DA SERPE).


Ningún comentario:
Publicar un comentario