mércores, 27 de maio de 2020

O TEU NOME CONTA...



Ola amiguiños/as!!
Hoxe tráiovos un xogo, no que imos crear un conto  a partir dos vosos nomes.
Queredes saber como facelo? Estade ben atentos a este vídeo.





Animádesvos a inventardes vós unha historia deste modo? Veña que imaxinación sabemos que non vos falta. Podedes enviar os vosos vídeos ao seguinte enderezo:


bibliotecaespedregada@gmail.com

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Xa chegaron as primeiras historias!! 

Roi relátanos a súa historia que ten que ver cunha viaxe á praia.
Mirade, mirade!!...fai unha narración fantástica e uns debuxos marabillosos co seu nome e o da súa irmá Sara.



Raúl recibiu unha carta esta mañá...quen lla enviará? que cousas lle dirá? Queredes sabelo? Prestade atención a este bonito relato que nos fai Raúl coas letras dos nomes da súa familia.


Xavi cóntanos a historia de dous golfiños que deciden ir a pasar o día a unha praia. Será algunha de Raxó? Imos botar unha ollada! 
Que ben o fas, Xavi!!


Estou fascinada cos vosos traballos. Parabéns!!

Unha aperta, 
A Fada Acaramelada


Todvai saír ben! 🌈

xoves, 21 de maio de 2020

CARTA DA FADA ACARAMELADA

Ola de novo!
Como sabedes a partires de hoxe, día 21 de maio,  é obrigatorio levar posto un novo complemento para protexernos. Sabedes a cal me refiro? 
Neste vídeo,que vos preparou Macarena, a orientadora do cole, atoparedes a resposta.



E agora que xa sabedes de que se trata,...  propóñovos dous novos retos:

1. Quen e quen de facer unha foto ou vídeo  coa súa máscara? Debedes decorala ben bonita e explicarnos a que se asemella, que sensacións vos produce... 

2. O segundo reto consiste en debuxarme a min, A Fada Acaramelada, con ela posta. Podedes utilizar diferentes materiais e técnicas para que vos queden xenial os vosos debuxos.

Os mellores traballos publicaranse no blog. Enviádeos ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com



Roi e Sara sodes os primeiros en superar os retos propostos. Parabéns!!
Aquí tendes  as fotografías coas vosas máscaras. Estades súper simpáticos!!


Roi leva unha que semella unha boca de dinosauro. Di que lle "agobia" algo tela posta, porque lle custa un pouco respirar.

Sara, pola súa parte, elixiu  o sorriso do gato Chesire. Só a puxo para a foto, porque ela aínda é cativa e non a precisa levar de xeito obrigatorio.

Quedei enfeitizada co voso agasallo!! Encántame a miña máscara nova!! Vouna levar posta cando saia da casa.

Que bonito o teu debuxo, Sara, é unha marabilla!!


Xavi e Brais tamén se animaron a decorar as súas. Xavi decorouna cun arco da vella e algúns paxariños, mentres que Brais optou por unha emoticona dun sorriso. Quedáronvos moi divertidas!!


A Xavi lle resulta un pouquiño incómoda levala, pero como é un neno moi responsable seguro que a levará.

Brais tamén a puxo para a foto, aínda que pronto quería quitala, porque...non respiraba nin vía ben!! Por sorte... aínda non é obrigatoria para ti, Brais.
Ademais, os dous irmáns agasalláronme cunha ben xeitosa para min. Milleiros de grazas, rapaces!!


Aurora e Alicia decoraron as súas máscaras con preciosos corazóns e non se esqueceron de facerme outra. 
 
Oooooh, estou abraiada co voso agasallo! Encántame, xa teño para levar cada día unha!! Sodes unhas artistas!! 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!
 Reto conseguido!!
E os demais, non vos esquezades de poñervos as vosas máscaras e...


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



Todvai saír ben! 🌈

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas

O noso "Espedrereporteiro" Naim, preséntavos o telexornal, onde nos informa sobre este día tan importante e o autor homenaxeado deste ano. Escoitade moi atentos!!



Unha das cousas máis importantes que temos que aprender son PALABRAS co fin de saber cales queremos dicir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas.

Por iso, agasallámosvos dende o Equipo de dinamización lingüística e o Equipo de biblioteca con este "dicionario visual" que recolle algunhas das palabras máis fermosas da nosa lingua e que foi posible grazas á vosa colaboración.





Un dos máis fermosos  contos de Ricardo Carvalho Calero é "As pitas baixo a choiva"Para que o poidades coñecer, dende  a Anpa  agasállannos con este fermoso conto que prepararon con moito agarimo. Agardamos que vos guste.



 Aínda que ao longo desta semana xa aprendestes algunhas  cousas sobre o autor homenaxeado este ano, se queredes saber máis propoñémosvos este divertido xogo "O misterio da casa de Carvalho Calero".  Nel teredes que ir buscando claves e recollendo pistas, nesta ocasión na casa do autor. Estades preparados?  



* Xogo elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Que pasedes un feliz día!!

Todvai saír ben! 🌈

sábado, 9 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, dende o equipo de dinamización lingüística e o equipo de biblioteca, queriamos convidarvos a participar nas seguintes propostas.


Dicionario visual: Tendes que escoller unha palabra galega que xa case estea esquecida e facer unha foto (horizontal) coa palabra e un obxecto ou debuxo que a represente.

Coa recompilación de todas estas fotos farase unha pequena presentación ou vídeo.
Os participantes serán recompensados ​​con 5 Espedregadies. 



Acróstico: Teredes que realizar un acróstico coas letras do nome de Carvalho Calero.Escribir con cada letra un verso, unha palabra ou frase.

Pero... sabedes que é un acróstico?? É un tipo de composición que se redacta en forma de prosa ou verso e que expresa unha mensaxe ou unha palabra en forma vertical.

Deste xeito,coa palabra "poesía", realizamos este acróstico: 

Para escribir poesía
Ordeno primeiro as ideas
Escribe pequenas frases.
Separa ben cada palabra. 
Intenta escribir en verso 
Agora anímate a recitar.


Decorádeo para que vos quede ben bonito e enviádeo ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com

Os participantes tamén serán recompensados con 5 Espedregadies.

O prazo de presentación remata o 15 de maio ás 14:00 horas.
 
Xa van chegando as primeiras palabras...vai  quedar un dicionario moi completo!
RAÚL
 
ROI

ROI

ROI
SARA
SARA
XAVI

BRAIS
ALEX
LUCÍA
MACARENA
GUILLE E AGUSTÍN
DIEGO
CELIA
LOLA CR.
ADRIANA
IRMÁNS RUANO
FERY
ALICIA
AURORA
ANTIA
XAVI
ANXO

ADRIANA
CANDELA
SERGIO
XAVI S.
IRIA
MANUELA

NAIM
HUGO


 MENCÍA
RAQUEL
GIMENA E TITO





 E tamén nos chegaron uns acrósticos fantásticos...moitas grazas rapaces...tendes moito talento!

RAÚL
ALEX

LUCÍA
XAVI
ANXO
IRIA
SERGIO
XOEL
DIEGO
 
GUILLE E AGUSTÍN
NAIM
ADRIANA R.
AURORA E ALICIA
PABLO
GIMENA  
CANDELA
CELIA

HUGO



 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



Todvai saír ben! 🌈