Ola de novo!
Como sabedes a partires de hoxe, día 21 de maio, é obrigatorio levar posto un novo complemento para protexernos. Sabedes a cal me refiro?
Neste vídeo,que vos preparou Macarena, a orientadora do cole, atoparedes a resposta.
E agora que xa sabedes de que se trata,... propóñovos dous novos retos:
1. Quen e quen de facer unha foto ou vídeo coa súa máscara? Debedes decorala ben bonita e explicarnos a que se asemella, que sensacións vos produce...
2. O segundo reto consiste en debuxarme a min, A Fada Acaramelada, con ela posta. Podedes utilizar diferentes materiais e técnicas para que vos queden xenial os vosos debuxos.
Os mellores traballos publicaranse no blog. Enviádeos ao enderezo da biblioteca:
Roi leva unha que semella unha boca de dinosauro. Di que lle "agobia" algo tela posta, porque lle custa un pouco respirar.
Sara, pola súa parte, elixiu o sorriso do gato Chesire. Só a puxo para a foto, porque ela aínda é cativa e non a precisa levar de xeito obrigatorio.
Quedei enfeitizada co voso agasallo!! Encántame a miña máscara nova!! Vouna levar posta cando saia da casa.
Xavi e Brais tamén se animaron a decorar as súas. Xavi decorouna cun arco da vella e algúns paxariños, mentres que Brais optou por unha emoticona dun sorriso. Quedáronvos moi divertidas!!
A Xavi lle resulta un pouquiño incómoda levala, pero como é un neno moi responsable seguro que a levará.
Brais tamén a puxo para a foto, aínda que pronto quería quitala, porque...non respiraba nin vía ben!! Por sorte... aínda non é obrigatoria para ti, Brais.
Ademais, os dous irmáns agasalláronme cunha ben xeitosa para min. Milleiros de grazas, rapaces!!
Aurora e Alicia decoraron as súas máscaras con preciosos corazóns e non se esqueceron de facerme outra.
Como sabedes a partires de hoxe, día 21 de maio, é obrigatorio levar posto un novo complemento para protexernos. Sabedes a cal me refiro?
Neste vídeo,que vos preparou Macarena, a orientadora do cole, atoparedes a resposta.
E agora que xa sabedes de que se trata,... propóñovos dous novos retos:
1. Quen e quen de facer unha foto ou vídeo coa súa máscara? Debedes decorala ben bonita e explicarnos a que se asemella, que sensacións vos produce...
2. O segundo reto consiste en debuxarme a min, A Fada Acaramelada, con ela posta. Podedes utilizar diferentes materiais e técnicas para que vos queden xenial os vosos debuxos.
Os mellores traballos publicaranse no blog. Enviádeos ao enderezo da biblioteca:
bibliotecaespedregada@gmail.com
Roi e Sara sodes os primeiros en superar os retos propostos. Parabéns!!
Aquí tendes as fotografías coas vosas máscaras. Estades súper simpáticos!!Sara, pola súa parte, elixiu o sorriso do gato Chesire. Só a puxo para a foto, porque ela aínda é cativa e non a precisa levar de xeito obrigatorio.
Quedei enfeitizada co voso agasallo!! Encántame a miña máscara nova!! Vouna levar posta cando saia da casa.
Que bonito o teu debuxo, Sara, é unha marabilla!!
Xavi e Brais tamén se animaron a decorar as súas. Xavi decorouna cun arco da vella e algúns paxariños, mentres que Brais optou por unha emoticona dun sorriso. Quedáronvos moi divertidas!!
A Xavi lle resulta un pouquiño incómoda levala, pero como é un neno moi responsable seguro que a levará.
Brais tamén a puxo para a foto, aínda que pronto quería quitala, porque...non respiraba nin vía ben!! Por sorte... aínda non é obrigatoria para ti, Brais.
Ademais, os dous irmáns agasalláronme cunha ben xeitosa para min. Milleiros de grazas, rapaces!!
Aurora e Alicia decoraron as súas máscaras con preciosos corazóns e non se esqueceron de facerme outra.
Oooooh, estou abraiada co voso agasallo! Encántame, xa teño para levar cada día unha!! Sodes unhas artistas!!
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!
Reto conseguido!!
Reto conseguido!!
E os demais, non vos esquezades de poñervos as vosas máscaras e...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario