Xa sabedes que o vindeiro 17 de maio celébrase o día das letras galegas.
Este é un día de exaltación da lingua galega a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de "Cantares galegos", de Rosalía de Castro.
O homenaxeado deste ano é Ricardo Carvalho Calero. Para que saibades máis sobre este escritor e da súa contribución ao estudo da literatura galega, deixámosvos este vídeo. Estade moi atentos a esta biografía contada por rapaces.
A continuación, amosámosvos esta presentación onde se explica polo miúdo a súa vida, dende os primeiros anos ata os derradeiros.
Prestade moita atención porque abaixo tendes un divertido xogo para que poñades en práctica todo o que aprendestes.
Estades preparados para resolver o seguinte quebracabezas? Tendes que responder correctamente a tódalas preguntas. Podedes botar man dos vosos familiares. A ver quen o consegue!!
E como sabemos que vos encantan os "pasapalabra", aqui tendes unha ruleta de preguntas sobre a súa vida e obra.
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario