sábado, 6 de decembro de 2014

Doazón!

De novo e, por terceira vez, unha familia do centro fai unha doazón de libros que xa non precisan na casa. Os rapaces e rapazas van crecendo e os libros van quedando pequenos, aínda que moi ben coidados.
Estamos encantandos de que pensedes en nós para compartir os vosos libros. Tede seguro que lle sacaremos moito proveito. Axiña estarán na estantarías listos para ler.
Aproceitamos desde aquí, agradecer unha vez máis a todas as familias todo o traballo que facedes a diario para que o cole funcione o mellor posible. Moitísimas grazas a todos!





venres, 5 de decembro de 2014

Lector de novembro: Iván Rodríguez Casal

Temos un novo lector!! Está moi emocionado. De camiño á biblioteca, xa dicía que era a primeira vez que lle tocaba ser lector do mes. Iso é porque leu un montón, nada máis e nada menos que 19 libros. Imposible de superar!

LEO: Olaa, como te chamas?
IVÁN: Iván Rodríguez Casal. 
LEO: Cantos anos tes e en que curso estás, Iván?
IVÁN: 9. Estou en 4º. 
LEO: Como se chama o teu profe?
IVÁN: José Luis. 
LEO: E como se porta o profe José Luis?
IVÁN: Ben. 
LEO: Seguro? Mira que non está escoitando, podes dicir o que queiras...
IVÁN: Bueeeeeno... hehehe.
LEO: Hahaha...Bueno. Falemos en serio agora. Sabes que es o lector do mes de novembro?
IVÁN: Sí. Acabome de enterar agora. 
LEO: Di o programa da biblioteca que liches 19 libros. É moi difícil de superar. 
IVÁN: Pois foi porque collín o libro de Gerónimo Stilton, que era o que me faltaba por ler. Do título no me acordo agora ("Gerónimo Stilton: El extraño caso de la rata apestosa". Barcelona: Editorial Planeta). 
LEO: Pero non te preocupes que iso podemos velo no ordenador. De que trata este libro?
IVÁN: Aínda vou pola metade. Vai dun tufo que chega á cidade e os habitantes de Ratonia poñen en venda as súas casas e unha empresa compra todas as casas. Gerónimo ten qeu investigar que está pasando. E ata aquí podo dicir porque o collín soamente fai dous días. 
LEO: Moi ben, moi ben. Parece un libro moi interesante. E de todos os que liches, cal é o teu favorito?
IVÁN: Ufffff... (moi pensantivo)...pois non sei agora dicir....(vai á estantaría): este! ("El sistema solar de Teresa Sabaté e Carme Sola. Colección Queremos saber. Editorial Salvatella). 
LEO: Cando les, Iván?
IVÁN: Polas noites porque, polo día, teño actividades e non teño tempo. 
LEO: E gustache ler en voz alta ou en voz baixa?, so ou acompañado?
IVÁN: Gústame ler so e en voz baixa para non molestar a miña irmá que sempre está estudando. 
LEOAh, claro. Ten que estudar moito porque está no instituto, verdade?
IVÁN: Sí. 
LEODime unha cousa. De que che gustan máis os libros, de aventuras, de policías, de medo,...?
IVÁN: De fantasía ou seres fantásticos, como o de Eragon ("Eragon. Guía de Alagaësia" de Christopher Paolini. Rocaeditorial). 
LEO: Moi ben. Xa estamos rematando Iván. Un par de preguntas máis. Que fas nesta biblioteca biblioteca ademais de coller libros para ler un montón?
IVÁN: Pois entrar nunha páxina de xogos de bandeiras que ten o profe posta na web do cole. Tamén ler revistas e ler máis.  
LEO: E que revista les máis? 
IVÁN: A de Pelo pico pata. 
LEO: Claro! Como todos os nenos deste cole...
IVÁN: Sí. 
LEO: E xa por último Iván. Que lle dirías aos demais compañeiros sobre a lectura?
IVÁN: Que collan moitan libros, que están todos moi interesantes. 
LEO: Moi ben. Pois o próximo martes, xa podes ver a túa entrevista na web da biblioteca. Felicidades! 



venres, 21 de novembro de 2014

Contacontos

O vindeiro LUNS 24 DE NOVEMBRO, ás 16.00 horas, terá lugar no CEIP Espedregada unha sesión de contacontos organizada pola ANPA do centro.
Estades todos convidados. Non faltedes!!

Concertos en familia: "Pedro e o lobo"

O Pazo de Cultura de Pontevedra convídanos ao novo espectáculo de Fantoches Baj coa música da Banda Sonora de Pontevedra.
Terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro ás 18.30 horas no Teatro Principal. As entradas teñen un custe de 3 euros para os menos e de cinco para os adultos.
Pinchando aquí, podedes atopar toda a información.

Magosto

Un ano máis tivo lugar no CEIP Espedregada a carreira solidaria en colaboración con  SAVE THE CHILDREN. Ás 12.00 horas, empezamos xuntos a correr para axudar aos nenos e nenas de Mali e despois de tanto esforzo, comemos castañas para repoñer forzas.

 



 



 







venres, 14 de novembro de 2014

Lector de outubro: Javier Taboada Meis

Ola a todos!! Temos aquí ao primeiro lector do curso 2014 - 2015. Estaba tan contento como sorprendido, non cría que pudiera ser el. Moitas felicidades Javi!!
Aquí tedes todo o que nos dixo.

LEO: Como te chamas?
JAVI: Javier Taboada Meis. 
LEO: Cantos anos tes Javi?
JAVI: 8 anos. 
LEO: Es o primeiro lector do mes deste curso, Sabes que quere dicir  iso?
JAVI: Significa ser o que máis veu á biblioteca e o que libros levou para ler. 
LEO: E o que máis leu!! Non te olvides, que o noso ordenador sabe todo. 
JAVI: Xa. 
LEO: Que libros liches Javi?
JAVI: Scoobydoo y el hombre lobo, Duendecillo Membrillo, Luci Luciernaga, Piojo Rastrojo,.. ("El hombre lobo" de James Gelsey. Colección Misterios a 4 patas. Editorial Laberinto; "Duendecillo membrillo" de Cristina Rodríguez Fischer. Editorial Blume; "Luci luciérnaga" e "Piojo rastrojo" de Antoon Krings. Editorial Blume). 
LEO: Carambas, un montón! E cal che gustou máis?
JAVI: O de Piojo rastrojo. 
LEO: De que trata o conto de Piojo rastrojo?
JAVI: Había un piollo que caeu dunha melena dun neno. Entón, arranxou unha casa de madeira para poñer unha perruquería e chamoulle "Perruquería Rastroxo". E o seu primeiro cliente foi unha abella. 
LEO: E por que che gusta ler?
JAVI: Porque os contos teñen lecturas divertidas e serven para aprender e ler mellor. 
LEO: De que tratan os teus contos favoritos?
JAVI: De aventuras. 
LEO: E en casa Javi, tes libros para ler?
JAVI: Sí. 
LEO: E cales les máis?, Tes algún favorito?
JAVI: Os contos de Disney. Gústame moito o de Os Aristogatos. Son unha gata e tres gatos que están a punto de ser envelenados por un home malvado. 
LEO: Moi ben Javi. En que momento les?
JAVI: Os xoves, os venres, os mércores, os luns....
LEO: Case todos os días polo que vexo. E en que momento do día? 
JAVI: Pola noite, en cama. Leo só antes de durmir. 
LEO: Moi ben Javier. Encantoume entrevistarte. Dentro de pouquiño terás a túa entrevista no blog da biblioteca. Felicidades!  


domingo, 2 de novembro de 2014

Samain

Samain chegou ao cole!!

Un ano máis celebramos a festa con receitas, tan terroríficas como divertidas.
E como estaba o cole? Decoradísimo. Preciosas as portas. Non hai unha igual. Encántannos!
E ademais, este ano, atrevemos a pasar polas clases a pedir "truco ou trato".
Despois da merenda, algúns aproveitaron para ler os libros de medo que conseguimos polo Día das Bibliotecas.
Mirade, mirade as fotos!

   











    



 


 

 

 


sábado, 1 de novembro de 2014

Concurso

O Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra convoca un concurso de redacción para alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e para todo o alumnado de ESO.
A data límite de entrega será o 1 de decembro de 2014. E entre os premios, figuran unha biblicleta e unha tablet.
Abaixo podedes ler as bases do concurso.

Concurso

A FIES e a Fundacíón Orange, publican un ano máis, as bases do 34º concurso "¿Qué es un rey para ti?"
Para alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O prazo remata o día 15 de xaneiro de 2015. Haberá un gañador por cada Comunidade Autónoma. O premio é unha visita ao Palacio Real de Madrid e unha audiencia coa S. M. Don Felipe.
Aquí podedes ler as bases do concurso. Participade!!

Obradoiros en familia

O Pazo de Cultura de Pontevedra levará a cabo durante todo o curso, un obradoiro de arte e cultura. Será impartido por Itziar Mezquieta. Pinchando na imaxe, poderedes atopar toda a información.

 Aquí

venres, 31 de outubro de 2014

Saímos na prensa!

A super festa do Samaín no cole de Espedregada tivo un oco na prensa. Aquí tedes a noticia no FARO DE VIGO. Mirade que guapos saímos!

venres, 24 de outubro de 2014

24 de outubro: Día das Bibliotecas

Este curso, todo xira arredor das matemáticas. Por iso, celebramos este día co xogo dos "Misterios matemáticos".
Cada aula, en grupos, debían atopar un pergamino e resolver os misterios que alí había. Se todo estaba perfectamente resolto, obterían o número da tumba na que buscar a "CDU" dun libro de medo. Foi moi difícil pero ao final, todos os grupos, conseguiron atopar o seu libro de medo, facer a lectura en clase e colocalo na exposición de Samain.