LEO: Olaa, como te chamas?
IVÁN: Iván Rodríguez Casal.
LEO: Cantos anos tes e en que curso estás, Iván?
IVÁN: 9. Estou en 4º.
LEO: Como se chama o teu profe?
IVÁN: José Luis.
LEO: E como se porta o profe José Luis?
LEO: E como se porta o profe José Luis?
IVÁN: Ben.
LEO: Seguro? Mira que non está escoitando, podes dicir o que queiras...
LEO: Seguro? Mira que non está escoitando, podes dicir o que queiras...
IVÁN: Bueeeeeno... hehehe.
LEO: Hahaha...Bueno. Falemos en serio agora. Sabes que es o lector do mes de novembro?
LEO: Hahaha...Bueno. Falemos en serio agora. Sabes que es o lector do mes de novembro?
IVÁN: Sí. Acabome de enterar agora.
LEO: Di o programa da biblioteca que liches 19 libros. É moi difícil de superar.
LEO: Di o programa da biblioteca que liches 19 libros. É moi difícil de superar.
IVÁN: Pois foi porque collín o libro de Gerónimo Stilton, que era o que me faltaba por ler. Do título no me acordo agora ("Gerónimo Stilton: El extraño caso de la rata apestosa". Barcelona: Editorial Planeta).
LEO: Pero non te preocupes que iso podemos velo no ordenador. De que trata este libro?
LEO: Pero non te preocupes que iso podemos velo no ordenador. De que trata este libro?
IVÁN: Aínda vou pola metade. Vai dun tufo que chega á cidade e os habitantes de Ratonia poñen en venda as súas casas e unha empresa compra todas as casas. Gerónimo ten qeu investigar que está pasando. E ata aquí podo dicir porque o collín soamente fai dous días.
LEO: Moi ben, moi ben. Parece un libro moi interesante. E de todos os que liches, cal é o teu favorito?
LEO: Moi ben, moi ben. Parece un libro moi interesante. E de todos os que liches, cal é o teu favorito?
IVÁN: Ufffff... (moi pensantivo)...pois non sei agora dicir....(vai á estantaría): este! ("El sistema solar de Teresa Sabaté e Carme Sola. Colección Queremos saber. Editorial Salvatella).
LEO: Cando les, Iván?
IVÁN: Polas noites porque, polo día, teño actividades e non teño tempo.
LEO: E gustache ler en voz alta ou en voz baixa?, so ou acompañado?
IVÁN: Gústame ler so e en voz baixa para non molestar a miña irmá que sempre está estudando.
LEO: Ah, claro. Ten que estudar moito porque está no instituto, verdade?
IVÁN: Sí.
LEO: Dime unha cousa. De que che gustan máis os libros, de aventuras, de policías, de medo,...?
IVÁN: De fantasía ou seres fantásticos, como o de Eragon ("Eragon. Guía de Alagaësia" de Christopher Paolini. Rocaeditorial).
LEO: Moi ben. Xa estamos rematando Iván. Un par de preguntas máis. Que fas nesta biblioteca biblioteca ademais de coller libros para ler un montón?
IVÁN: Pois entrar nunha páxina de xogos de bandeiras que ten o profe posta na web do cole. Tamén ler revistas e ler máis.
IVÁN: Pois entrar nunha páxina de xogos de bandeiras que ten o profe posta na web do cole. Tamén ler revistas e ler máis.
LEO: E que revista les máis?
IVÁN: A de Pelo pico pata.
LEO: Claro! Como todos os nenos deste cole...
IVÁN: Sí.
LEO: E xa por último Iván. Que lle dirías aos demais compañeiros sobre a lectura?
IVÁN: Que collan moitan libros, que están todos moi interesantes.
LEO: Moi ben. Pois o próximo martes, xa podes ver a túa entrevista na web da biblioteca. Felicidades!

Ningún comentario:
Publicar un comentario